Mesa, Arizona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 33°23′19″N 111°55′44″W / 33.38861°N 111.92889°W / 33.38861; -111.92889

Mesa, Arizona. Á esqueda o Mesa Bank; á dereita o Mesa Arts Center.
Bandeira de Mesa.


Mesa é unha cidade situada no condado de Maricopa no estado de Arizona (EUA). Segundo o censo de 2010 tiña unha poboación de 439.041 habitantes e unha densidade de poboación de 1.236,77 hab./kmm².[1]

Forma parte da área urbana de Phoenix e é a terceira cidade do Estado, despois de Phoenix e Tucson. É a 41ª cidade máis poboada dos Estados Unidos e está experimentando un rápido crecemento demográfico.

Aínda que Mesa é unha cidade suburbana, realmente ten unha poboación maior que centros urbanos tan importante como Atlanta, Saint Louis, Minneapolis, Miami e Pittsburgh.[2] Porén, segue a ser só unha cidade-dormitorio caracterizada por unha gran expansión urbana. O seu centro é mínimo, e consiste nuns poucos edificios sen exceder dos dous andares. Así e todo, a recente construción do Centro das Artes de Mesa (Mesa Arts Center) é quizais o primeiro paso para a creación dun verdadeiro centro urbano.

Mesa foi fundada en xaneiro de 1878 por pioneiros mormóns, que hoxe conforman unha décima parte da súa poboación. Mesa é o centro da súa igrexa na zona de Phoenix.

Pero a historia de Mesa remóntase a máis de 2.000 anos, coa chegada do pobo Hohokam. Os Hohokam, cuxo nome significa "Totalmente esgotado" ou "O defunto", construíron as canles orixinais. O sistema de canles foron o maior e o máis sofisticado do Novo Mundo prehistórico.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Remóntase polo menos 2000 anos coa chegada do pobo Hohokam que construíron un sistema orixinal de canles, o máis sofisticado da prehistoria do novo mundo, algún tiña 27 m de ancho estendéndose polo deserto hasta 26 km. transformando o Deserto de Sonora en un oasis de agricultura. Construíron centos de millas de canles dos que moitos aínda están hoxe en uso.

Despois de desapareceren os Hohokan os exploradores non se aventuraban nesta área hasta que o exército dominou aos indios apaches.

Daniel Websten Jones fundou un poboado mormón en Arizona a finais do S. XIX, no norte do Mesa de hoxe en día. Ó mesmo tempo outro grupo chegou dende Utah e Idaho e escavaron canles de isipación moitas das antigas.

A primeira escola foi construída no ano 1879.

O Dr. A.J. Chandler traballou en anchear o Canal Mesa para permitir unha central eléctrica.

Durante a Gran Depresión recadouse para pavimentar rúas, facer un novo hospital e unha biblioteca.

Mais tarde trasladáronse alí militares e medrou moito a poboación, máis coa chegada do aire acondicionado e a industria e sobre todo coas compañías aéreas nos anos 50 e 60.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Segundo a oficina do censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha superficie total de 324,2 km², dos que 323,7 km² son de terra firme e 0,6 km² (un 0,16 %) de augas.

A súa altitude media é do arredor de 378 m, xa que a cidade se estende por unha meseta situada a uns trinta metros por debaixo de Phoenix, de aí o nome de mesa que lle deron os primeiros colonos.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación
Censo Pob.
1900 722
1910 1.692 134,3%
1920 3.036 79,4%
1930 3.711 22,2%
1940 7.224 94,7%
1950 16.790 132,4%
1960 33.772 101,1%
1970 63.049 86,7%
1980 152.404 141,7%
1990 288.104 89,0%
2000 396.375 37,6%
2010 439.041 10,8%

Segundo o censo de 2010 había 439.041 persoas residindo en Mesa. Destas, o 77,2 % eran brancos, o 3,48 % afroamericanos, o 2,36 % eran amerindios, o 1,93 % asiáticos, o 0,38 % isleños do Pacífico, e o 11,29 % doutras razas, pertencendo o 3,43 % a dúas ou máis razas. Do total da poboación, o 26,36 % eran hispanos ou latinos de calquera raza.[4]

O 33,4% tiña nenos menores de 18 anos vivindo nas casas. A media de idade da poboación era de 32 anos.

A media de ingresos por fogar era de 42.817 dólares, 315.960 para os homes e 27.005 para as mulleres. A renda por cápita era de 19.601.

O ano 1900 Mesa contaba tan só con 722 habitantes que, pouco a pouco, foron incrementándose (1910, 1.692; 1920, 3.036; 1930, 3.711; 1940, 7.224, 1950, 16.790; 1960, 33.772) e, a partir dos anos 1960, o crecemento incrementouse fortemente: 1970, 63.772; 1980, 152.404; 1990, 288.104; 2000, 395.375.

Límites de Mesa[editar | editar a fonte]

Debido a larga distancia entre leste o oeste (29 km) e a grande área de extensión, a miúdo hai que referirse ó Este ou Oeste de Mesa.

Mesa utiliza un sistema de cuadrícula para numerar as rúas diferente do usado en Fénix. A rúa central recorre de Norte a Sur e divide a cidade en 2 metades: Mesa leste e Mesa oeste.

Economía[editar | editar a fonte]

# Empresa número de persoas empregadas
1 Mesa Public Schools 9.500
2 Banner Health 8.650
3 Boeing 4.260
4 City of Mesa 3.442
5 Wal-Mart 2.503
6 Mesa Community College 2.201
7 Fry's Food and Drug 1.276
8 The Home Depot 826
9 County of Maricopa 720
10 Mountain Vista Medical Center 627


Clima[editar | editar a fonte]

Localizada no deserto de Sonora, Mesa ten invernos suaves e temperados e veráns calorosos con temperaturas máximas-medias de 25 grados en Xullo e temperaturas mínimas-medias de 5 grados en xaneiro.

Nuvola apps kweather.png Información climática de Mesa (Mesa Int'l)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima absoluta (°C) 89

(32)

95

(35)

99

(37)

106

(41)

118

(48)

116

(47)

119

(48)

115

(46)

113

(45)

107

(42)

97

(36)

86

(30)

119 (48)
Temperatura máxima media (°C) 67

(19)

71

(22)

77

(25)

85

(29)

94

(34)

104

(40)

106

(41)

104

(40)

99

(37)

89

(32)

75

(24)

67

(19)

86.5 (30.3)
Temperatura mínima media (°C) 41

(5)

45

(7)

49

(9)

54

(12)

61

(16)

70

(21)

77

(25)

76

(24)

70

(21)

59

(15)

47

(8)

40

(4)

57.4 (14.1)
Temperatura mínima absoluta (°C) 15

(−9)

19

(−7)

24

(−4)

30

(−1)

37

(3)

43

(6)

54

(12)

51

(11

40

(4)

30

(−1)

22

(−6)

17

(−8)

15 (−9)
Precipitacións (mm) 1.01

(25.7)

1.03

(26.2)

1.19

(30.2)

0.33

(8.4)

0.17

(4.3)

0.06

(1.5)

0.06

(1.5)

1.14

(29)

0.89

(22.6)

0.81

(20.6)

0.77

(19.6)

0.98

(24.9)

9.27 (235.5)
Fonte: NOAA [5], Hong Kong Observatory (sun only, 1961–1990) [6] Weather Channel (extremes) [7]

Atraccións Culturais[editar | editar a fonte]

A cidade conta con varios museos:

  • Hohokam park de cactus liga
  • Centro de Arte de Mesa
  • Anfiteatro
  • Templo de Mesa (Arizona)
  • Varios museos: Museo de Historia, Museo de Historia Natural, Museo Conmemorativo das forzas Aéreas
  • Lugares arqueolóxicos: Grandes ruínas e Parque dos Canles
  • Gran Biblioteca
  • Parques acuáticos

O único rañaceos en Mesa é o Banco de América.

Os seus habitantes dispoñen de tres bibliotecas públicas:

  • Main Library (MN)
  • Dobson Ranch Branch (DR)
  • Red Mountain Branch (RM)

Servizos[editar | editar a fonte]

Mesa Oeste

O centro comercial Fiesta, Dillard´s, Macy´s, Dick´s Sporting Good. Outros das grandes atraccións e o Banco de América. Está previsto agrandar o Mall Fiesta.

O Mesa riverview (vista ó rio) é un novo lugar ó aire libre que ten espacios para restaurantes, comercios de marca e teatros.

Mesa Este O Superstition Springs Center é un centro de tendas con un anfiteatros e unha fonte o aire libre.

Transporte[editar | editar a fonte]

Mesa City Hall in downtown Mesa
  • Varias autoestradas sen peaxe como a Ruta 60 coñecida como a autoestrada superstición.
  • Autobuses da Valley Metro.
  • Ten dous Aeroportos: Falcon Field, creado para adestrar aos pilotos británicos durante a II Guerra Mundial é cedido á cidade ó acabar a guerra. Outro aeroporto é o Fénix Mesa Gateway.

Mesa é unha cidade moi adecuada para camiñar a pé.

Educación[editar | editar a fonte]

Case toda a cidade forma parte do distrito escolar das Mesa Public Schools. As Gilbert Public Schools dirixen unha parte do sur de Mesa, e o Tempe Elementary School District ocúpase, co Tempe Union High School District, dunha peequena parte do oeste de Mesa.

Tamén ten o Mesa Community College, o máis grande de Community College con arredor de 24.000 estudantes e o Campus Politécnico da Universidade estatal de Arizona que ten sobre 6.000 estudantes universitarios, ademais da escola de aviación e de osteopatía.

Entre os establecemento de ensinanza superior, en Mesa está a CAE Global Academy de Phoenix que forma máis de 400 pilotos de liñas aéreas ao ano.[8]

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mesa, Arizona