Mesa (homónimos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A palabra mesa pode facer referencia a:

  • Mobles
    • Mesa, moble formado por un taboleiro sostido horizontalmente por patas ou pés, que se utiliza para comer, escribir, traballar ou xogar.
      • Mesa de braseiro, mesa de taboleiro circular con faldras, que pode dispoñer dun braseiro ou estufa.
      • Mesa de cabeceira ou mesa de noite, moble pequeno, xeralmente con caixóns e/o baldas, que se coloca ao lado da cabeceira da cama para os servizos necesarios.
      • Mesa de debuxo, táboa de madeira onde se pode fixar unha folla de papel para facer un debuxo.
      • Mesa de instrumental, mesa, ordinariamente metálica, onde se deposita o instrumental médico-cirúrxico.
      • Mesa de operacións, mesa metálica que é fácil de esterilizar e articular e que se usa en cirurxía para colocar o paciente no acto operatorio.
      • Mesa de xogo, tipo de moble deseñado para practicar xogos de mesa sobre el.
        • Mesa de billar, taboeiro grande, cuadrangular, provisto de bandas elásticas con cantos, e recuberta cun feltro verde ben tirante, sobre a que se fan correr as bólas do xogo do billar golpeándoas cos tacos.
        • Mesa de pimpón, mesa de forma rectangular e medidas regulamentarias (2,74 m de longo, 1,525 m de largo e 0,76 m de alto) que ten unha rede divisoria no medio de 15,25 cm de alto, e sobre a que se xoga ao pimpón.
    • Mesa luminosa, dispositivo de visualización que se utiliza para revisar películas fotográficas ou ilustracións transparentes.
  • Ciencia e técnica
    • Astronomía
    • Enxeñería do audiovisual
      • Mesa de mesturas de son, ou mesa mesturadora, dispositivo empregado en enxeñería de son no que se mesturan sinais de son, para a gravación, a edición ou a reprodución de sons (música ou de calquera outro tipo).
      • Mesa de mesturas de vídeo, sistema que permite seleccionar, mesturar e manipular diferentes fontes de vídeo.
    • Informática
    • Xeoloxía (xeomorfoloxía)
      • Mesa, formación xeolóxica en forma de mesa, constituído por un recheo estrutural formado por un estrato horizontal illado, de superficie plana e beiras abruptas, moi resistente á erosión.
      • Véxase tamén Meseta e Meseta oceánica.
  • Miscelánea
    • Historia
      • Mesa, monumento prehistórico da cultura talaiótica exclusivo de Menorca, que consta dunha pilastra monolítica de sección rectangular moi alongada, que fai de apoio a unha gran lousa plana, rectangular, colocada en posición horizontal.
      • Mesa de cambio, lugar onde os cambiadores ou cambistas poñían as moedas e facían o cambio manual dunhas moedas por outras.
    • Política
      • Mesa, institución xurídica que forma parte dos parlamentos, encargada de regular a súa actividade.
      • Mesa de idade, órgano de goberno, de carácter transitorio, que preside inicialmente as sesións constitutivas dunha cámara ou asemblea.
      • Mesa de Forzas Políticas Galegas, plataforma política, formada o 11 de xuño de 1980, que pretendía unir o nacionalismo galego para dotar a Galicia de forzas políticas propias que exerceran a hexemonía política no país para conseguir a soberanía nacional.
      • Mesa electoral, órgano da administración electoral que se encarga de presidir a votación dun distitito e levar a cabo o escrutinio.
    • Xogos
      • Xogos de mesa, xogos que se xogan sobre unha mesa (baralla, dados, parchís, etc.). Neles cómpre distinguir entre os que se fan directamente enroba da mesa dos que se practican nun taboleiro de xogo, normalmente situado enriba dunha mesa.
      • Tenis de mesa, sinónimo de pimpón.
    • Outros