Sexto Home do Ano da NBA
O Sexto Home do Ano da NBA (NBA Sixth Man of the Year Award) o recibe o mellor xogador dun equipo que sae dende o banquillo, coma suplente, a xogar nos partidos. O gañador é seleccionado por un grupo de 24 periodistas deportivos tanto nos Estados Unidos como no Canadá, votando cada un polo primeiro, segundo e terceiro posto. Cada elección na primeira praza conta 5 puntos, na segunda son 3 e na terceira 1. O xogador coa maior suma de puntos totais, a pesar do número de votos na primera posición, gaña o galardón. Para ser elixible, o xogador ten que disputar máis partidos saíndo dende o banco que de titular.
Dende a súa creación, 28 xogadores gañaron o premio e tres deles fixérono en dúas ocasiones: Kevin McHale, Ricky Pierce e Detlef Schrempf. Ben Gordon converteuse no 2005 no primeiro rookie en conseguir dito galardón, mentres que McHale e Bill Walton son os únicos vencedores que están incluidos no Basketball Hall of Fame. Manu Ginobili, Schrempf, Leandro Barbosa, Toni Kukoč e Gordon son os únicos xogadores extranxeiros que gañaron o galardón. Phoenix Suns é o equipo con máis premios (4), seguido de Boston Celtics e New York Knicks, con 3.
Lista de gañadores [editar]
| Xogador en activo | |
| Elixido no Basketball Hall of Fame |
Outros premios [editar]
- MVP da tempada da NBA (Premio MVP da Liga regular)
- Mellor Defensor da NBA
- Xogador con maior progresión da NBA
- Rookie do ano da NBA
- Xogador Máis Deportivo da NBA
- Equipo All-NBA
- Mellor quinteto defensivo da NBA
- Mellor quinteto de rookies da NBA
- Adestrador do Ano da NBA
- Executivo do Ano da NBA