Lago Kivu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do Lago Kivu no oeste do Ruanda
Imaxe de satélite do Lago Kivu - NASA

O lago Kivu é un dos maiores lagos da África. Está situado na fronteira entre a República Democrática do Congo e Ruanda, na zona do Gran Val do Rift. O lago Kivu desauga no río Ruzizi, que segue para o sur e, á súa vez, desauga no Lago Tanganyika. O lago ficou coñecido como o lugar onde moitas das vítimas do xenocidio de Ruanda en 1994 foron tiradas.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro europeo en visitar o lago foi o conde alemán Gustav Adolf von Götzen en 1894.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O lago Kivu é un dos tres lagos explosivos coñecidos, xunto ao lago Nyos e ao lago Monoun, no Camerún, os cales experimentan violentas erupcións. Unha análise da historia xeolóxica do lago Kivu indicou unha periódica extinción biolóxica masiva cada mil anos. Aínda que a composición química dos lagos explosivos é particular para cada caso, no lago Kivu detectouse metano e dióxido de carbono debido á interacción das súas augas cun volcán, o que podería causar unha catástrofe natural, ademais tendo en conta que aproximadamente dous millóns de persoas viven nas súas ribeiras.

Recentemente cóntase que o lago Kivu ten 55 millóns de metros cúbicos de gas metano disolto a unha profundidade de 300 metros. Agora, o goberno de Ruanda está destinando fondos para que un consorcio internacional extraia o gas.

Marxe do lado ruandés