Lago Alberte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rios e lagos de Uganda. Clica na imaxe para aumentar

O Lago Alberte, Albert Nyanza ou Lago Mobutu Sese Seko é un lago esta situado en África central no Gran Val do Rift ao oeste de Uganda e serve de fronteira coa República Democrática do Congo. Neste lago desemboca o río Nilo desde o seu nacemento no Lago Vitoria. E do Lago Alberte volve a saír outra vez, camiño do Mediterráneo.

Esta situado a unha altitude de 615 m ten un area de 5,300 km², con 160 km de longo e 30 km de ancho e unha profundidade máxima de 58m.


Lago Alberte, Uganda (foto da NASA, 2003).

Foi descuberto para o mundo branco por Samuel White Baker en 1864 na súa viaxe de busca do nacemento do rio Nilo poñéndolle o nome en honor do príncipe Alberte consorte da raíña Vitoria.