Economía de Haití
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Economía de Haití | ||
|---|---|---|
| Moeda | gourde | |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC | |
| Datos estatísticos[1] | ||
| PIB | US$ 11,59 mil millóns (2008) | |
| PIB (posición) | 140ª no mundo[2] | |
| % de crecemento PIB | 2,3%% (2008) | |
| PIB per cápita | US$ 1300 (2008) | |
| PIB por sector | agricultura 28%, industria 20%, comercio e servizos 52% (2004) | |
| Inflación anual | 15,8% (2008) | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 80% (2004) | |
| Total da forza de traballo | 3,6 millóns (1995) | |
| % traballadores por sector | agricultura 66%, industria 9%, comercio e servizos 25% (1995) | |
| Desemprego | 2/3 de súa forza de traballo está desempregada o subempregada | |
| Parcerías comerciais [1] | ||
| Exportacións (US$) | 554,8 millóns f.o.b. (2007) | |
| Principais productos exportados | ropas, manufacturados, aceites vexetais, cacao, manga, café | |
| Principais mercados | Estados Unidos 72,9%, República Dominicana 8,8%, Canadá 3,3%, (2007) | |
| Importacións (US$) | 1 844 millóns (2007) | |
| Principais productos importados | alimentos, manufacturados, máquinas e equipamentos de transporte, combustibles, matérias primas | |
| Principais parceiros | Estados Unidos 41,2%, Antillas Holandesas 14,9%, China 4,7%, Brasil 4,4% (2007) | |
| Finanzas públicas [2] | ||
| Débeda externa | US$ 1 463 millóns (2008) | |
| Receitas (US$) | 330,2 millóns (2004) | |
| Despesas (US$) | 529,6 millóns (2004) | |
| Axuda económica recibida (US$) | 150 millóns (2004) | |
A Economía de Haití é a máis pobre de América e do Hemisferio Norte. É dicir, Haití é o país con menor PIB per cápita e un dos máis desiguais do mundo: 80% da súa poboación está por baixo da liña da pobreza, e o 54% vive nunha pobreza abxecta[1]. A súa renda per capita estímase nunha décima parte da dos seus veciños da rexión do Caribe.
A pesar da recuperación da súa economía en anos recentes, cun crecemento positivo no 2005, catro tormentas tropicais no 2008 danárono severamente xunto coas súa infraestrutura de transporte e o sector agrícola. O país espera o perdón duns 525 millóns de dólares da súa débeda externa a mediados de 2009, no programa de axuda ós países altamente endebedados.[1]