Donatello
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa arte que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Donato di Niccolò di Betto Bardi, nado en Florencia en 1386 e finado na mesma cidade o 13 de decembro de 1466, foi un famoso escultor renacentista, coñecido co nome de Donatello.
Obra [editar]
Donatello amosa un fondo coñecemento técnico e un completo dominio dos materiais. Os volumes compactos, composicións pechadas e equilibradas sérvenlle para amosar unha humanidade individualizada e real en toda a súa etapa e unha gama moi rica de expresións e afectos. No relevo, Donatello, procura a fondura e empregou por vez primeira a técnica do sciacciato, que facía parecer as figuras máis profundas do que eran en realidade.