Cariátide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cariátides no Erecteion da Acrópole de Atenas

A cariátide (grego antigo Καρυάτις, plural: Καρυάτιδες) é unha figura feminina esculpida, con función de columna ou pilastra, cun entaboamento que descansa sobre a súa cabeza. O máis típico dos exemplos é a Tribuna das Cariátides no Erecteion, un dos templos da Acrópole ateniense.

O seu nome, quere dicir habitantes da cidade de Caria (Καρυές), na Laconia, e vén, segundo é dito, de que sendo esta cidade aliada dos persas durante as Guerras Médicas, os seus habitantes foron exterminados polos outros gregos e as súas mulleres foron convertidas en escravas, e condenadas a levar as máis pesadas cargas. Sendo estas representadas como talles nas columnas dos edificios.

En 1550, Jean Goujon (arquitecto e escultor do rei Henrique II de Francia) tallou unhas cariátides no Louvre, que sosteñen a plataforma dos músicos na sala dos gardas suízos (actualmente chamada das Cariátides). Goujon só coñecera as cariátides do Erecteion mediante inscricións e nunca vira as orixinais.

Cando a figura empregada como columna é masculina, chámase atlante ou telamón.

De figura hierática na Grecia antiga, a cariátide converteuse ao longo do século XIX, en extremadamente lasciva, debido aos seus drapeados axustados, e ás súas pouses suxestivas.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos


Templo grego
Áreas: Períbolo | Pronaos | Naos | Áditon | Opistódomo | Perístilo
Ordes: Dórica | Corintia | Xónica
Elementos: Propileos | Estereóbata | Estilóbata | Columna | Fuste | Éntase | Canelura | Atlante | Cariátide | Capitel | Equino | Ábaco | Entaboamento | Arquitrabe | Friso | Métopa | Tríglifo | Mútula | Cornixa | Frontón | Tímpano | Acroterio | Antefixo
editar
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas