Contrapposto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hermes por Praxíteles

Contrapposto é un termo italiano para designar a oposición harmónica das distintas partes do corpo da figura humana, o que proporciona certo movemento e contribúe a rachar a lei da frontalidade.

Úsase na escultura para dar sensación de movemento. Unha das pernas está fixa no chan e a outra se adianta, os brazos fan o propio, mentres a cabeza mira cara a un lado simulando un paso.

Foi o escultor Policleto quen o puxo en práctica en obras como o Doríforo, influíndo moito nas escultura do Renacemento (por exemplo, no David de Miguel Anxo). Basicamente consiste en representar á figura humana cunha perna lixeiramente flexionada, co que a cadeira ao lado oposto aparece máis elevada, do mesmo xeito que o ombreiro dese mesmo lado está a menor altura que o contrario, o que dá lugar a que a figura describa unha lixeira curva e contracurva (un S) no seu percorrido vertical. O escultor grego do século IV a. C. Praxíteles practicou un contrapposto moi senlleiro e elegante que foi denominado curva praxiteliana.

Exemplos[editar | editar a fonte]