Filippo Brunelleschi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escultura de Brunelleschi

Filippo Brunelleschi, nado no 1377 e finado o 15 de abril de 1446, foi un grande arquitecto florentino do Renacemento italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou no concurso que se realizou en 1401 para elixir a segunda porta de bronce do baptisterio de Florencia, realizando unha composición no relevo que demostraba unha preocupación polo transfondo humano da obra representada. Negouse a colaborar con Lorenzo Ghiberti, os dous foran gañadores ex-aequo, na realización conxunta da porta e marchou cara Roma e co seu amigo Donatello entrou en contacto cos monumentos antigos que virou cara a arquitectura.

De volta a Florencia realizou a súa primeira grande obra, a cúpula da catedral de Florencia o que lle supuxo a resolución de complexos problemas técnicos e se converteu nun símbolo da primacía da cidade e o seu entronque histórico coa antiga Roma. No Hospicio florentino, obra de 1419, Brunelleschi domina xa as proporcións o que caracterizara a súa obra fronte a infinitude gótica. Na capella Pazzi acada un punto culminante no ritmo medido e contrastado dos elementos arquitectónicos resaltados en pedra gris sobre o muro branco. Brunelleschi foi o que estableceu os novos canóns clásicos de ritmos sereos, xeometría clara e simetría, nese novo canon vai ter unha importancia fundamental o seu descubrimento dos principios da perspectiva, isto é o modo de representar o espazo de tres dimensións sobre unha superficie plana dende un só punto de vista.

Na súa arquitectura Brunelleschi vai aplicar a perspectiva como método para analizar o espazo e estes principios seguiron a utilizarse na arte occidental ata a chegada do cubismo.