Masaccio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calvario, 1426

Masaccio (Tommaso Cassai ou Tommaso di Ser Giovanni di Mone) (San Giovanni Valdarmo, Italia, 21 de decembro de 1401Roma, outono de 1428) foi un pintor italiano do Renacemento, o iniciador da pintura moderna.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A pesar da súa curta carreira tivo unha fonda influencia noutros pintores posteriores; foi dos primeiros en usar a perspectiva científica na pintura.

Dende as súas obras iniciais como Expulsión de Adán e Eva ou O Tributo na capela Brancacci da Igrexa do Carme en Florencia, a súa foi unha linguaxe austera e monumental, centrado no home e na súa acción. Mediante unha recreación intelectual despois dunha profunda observación da súa realidade, Masaccio verificou á volta á natureza humana e o espazo no que se desenvolve a súa actividade e non a través dunha simple reprodución das súas aparencias externas. Isto vai orixinar formas sintéticas, fortes volumes, acenos elementais mais decisivos. Nos seus últimos frescos en Santa María Novella e en Brancacci leva a perspectiva brunelleschiana á perfección.