Profeta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moisés, considerado un profeta do cristianismo, xudaísmo e islam

Un profeta é unha persoa que tivo un encontro coa divindade, que lle ordenou revelar á humanidade unha mensaxe, usualmente sobre aquilo que ha de chegar nun tempo futuro. Os oráculos grecolatinos eran proféticos pero a figura emprégase decote no sentido das relixións de libro (cristianismo, xudaísmo e islam). A miúdo os profetas fundan ou cambian o xeito de entender a relixión, pola relevancia da súa mensaxe.