Rafael

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Rafael Sanzio")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Rafael

Autorretrato
Nome Raffaello Sanzio da Urbino
Nacemento 6 de abril de 1483
Lugar de nacemento Urbino, Marche
Morte 6 de abril de 1520
Lugar de morte Roma
Nacionalidade italiano
Eido pintura, arquitectura
Adestramento Pietro Perugino
Movemento Alto Renacemento
Traballos Véxase: Obras e Outras obras
Clientes papa Xulio II
Influenciado por Michelangelo
Influenciado Giulio Romano

Rafael Sanzio (en italiano Raffaello Sanzio), Rafael de Urbino ou simplemente Rafael[1],[Nota 1] nado en Urbino o 6 de abril de 1483 e finado o día do seu aniversario de 1520 en Roma, foi un pintor e arquitecto italiano da época do renacemento. Ademais da súa labor pictórica, que sería admirada e imitada durante séculos, realizou importantes aportes na arquitectura e, como inspector de antigüidades, interesouse no estudo e conservación dos vestixios grecorromanos.[2]

Morreu o día en que facía os trinta e sete anos, dandose a coincidencia de que naceu e morreu en Venres Santo. [Nota 2] Malia a súa morte prematura foi inmensamente produtivo, creando unha inusual gran colección de pinturas. Aínda se conserva unha gran parte da súa obra, sobre todo nos Museos Vaticanos. Estes albergan as Estancias de Rafael, que foron o seu traballo central e a vez a obra máis grande da súa carreira, que quedaron sen terminar debido á súa morte.

Fillo dun pintor de modesta relevancia, foi considerado un neno prodixio pola súa precoz habilidade e ao quedar orfo formouse nos talleres de varios artistas de prestixio. Aos 25 anos obtivo o seu primeiro encargo oficial, a decoración das Estancias Vaticanas, onde pintou algúns frescos como A escola de Atenas, considerada unha das súas obras cume.[3][4]

É soado pola perfección e graza das súas pinturas e debuxos. Xunto con Michelangelo e Leonardo da Vinci forma a tradicional trindade de grandes mestres deste período.[5] [6]

Logo dos seus anos de mocidade en Roma, gran parte da súa obra, malia ser deseñada por el foi executada polo seu taller, cunha considerable perda de calidade. Exerceu unha gran influencia na súa época, aínda que fóra de Roma a súa obra foi coñecida sobre todo a través da produción que fixeron os talleres de gravado que colaboraban con el. Logo da súa morte, a influencia do seu principal rival, Michelangelo, foi máis intensa ata os séculos XVIII e XIX, cando as calidades máis serenas e armoniosas de Rafael foron consideradas de novo como un modelo superior.

A súa carreira divídese de xeito natural en tres fases e tres estilos, descritos inicialmente por Giorgio Vasari: os seus primeiros anos en Umbría, o período posterior de catro anos en Florencia (1504 -1508), onde absorbeu as tradicións artísticas da cidade, e finalmente o seu último e triunfal período de doce anos en Roma, traballando para os papas e a súa corte.[7]

Índice

Traxectoria [editar]

Discípulo de Pietro Perugino as súas primeiras obras caracterizábanse polos seus lenes movementos, cores puras, actitudes equilibradas e fervorosa devoción. Tras uns anos de estadía en Florencia (1504-1508) influído por Leonardo da Vinci adaptou as composicións piramidais deste a súa obra, Virxe co Neno ou Sagrada Familia. Pero Rafael non participa do pensamento leonardesco que pon a experiencia como base do coñecemento humano senón que para Rafael o saber humano aparece como complementario da Revelación o que leva á exaltación da verdade, do ben, da lei ou da beleza e clarifica e fai intelixibles as ambigüidades e hermetismos do seu mestre.

A partir de 1508 establécese en Roma, nun ambiente de renovación da Igrexa dirixido polo papa Xulio II, quen lle encarga a decoración das salas vaticanas cun programa iconográfico de base neoplatónica ou histórica de base eclesiolóxica.

Obras [editar]

Das obras de Rafael destaca a Escola de Atenas, pintada na galería Stanza della Segnatura no Vaticano.

Outras obras [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Notas [editar]

  1. Entre as variantes do seu nome, hai, ademais "Raffaello Santi", "Raffaello da Urbino" ou "Rafael Sanzio da Urbino". O sobrenome Sanzio deriva da latinización do italiano, Santi en Santius. Normalmente asignaba os documentos como "Raphael Urbinas" - unha forma latinizada. Gould:207
  2. As datas de nacemento e morte foron moi discutidas, e poden non ser certas
Referencias
  1. "Rafael". Enciclopèdia Catalana, SAU. http://www.enciclopedia.cat/fitxa_v2.jsp?NDCHEC=0053913. Consultado o 15-12-2012. 
  2. Klein y Zerner (1990), páx.44
  3. Pomella (2000), pág.111
  4. Carlos Pérez-Rubín. "Arte y simbolismo" (pdf). revistas.ucm.es. http://revistas.ucm.es/bba/11315598/articulos/ARIS0808110137A.PDF. 
  5. Véxase, por exemplo Honour, Hugh; John Fleming (1982). A World History of Art. London: Macmillan. p. 357. 
  6. John Fleming (1982). A World History of Art. London: Macmillan. p. 357.
  7. Vasari, G.

Ligazóns externas [editar]

Galerías on line: