Declaración Universal dos Dereitos Humanos

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Declaración Universal dos Dereitos Humanos
Eleanor Roosevelt sostendo a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1949)
Tipo de_textoDeclaración de dereitos
Ratificación10 de decembro de 1948
Textotexto na web
LocalizaciónParís
Francia
AutoresAsemblea Xeral das Nacións Unidas
SignatariosPaíses das Nacións Unidas

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH)[1][2] é un documento internacional adoptado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas que consagra os dereitos e liberdades basicas de todos os seres humanos. Elaborado por un comité da ONU presidido por Eleanor Roosevelt, foi aceptado pola Asemblea Xeral como Resolución 217[3] durante a súa terceira sesión o 10 de decembro de 1948 no Palacio de Chaillot en París (Francia).[4] Dos 58 membros das Nacións Unidas naquel momento, 48 votaron a favor, ningún en contra, oito abstivéronse e dous non votaron.[5]

A declaración do texto fundacional da historia dos dereitos humanos e civís, consta de 30 artigos nos que se detallan os "dereitos básicos e liberdades fundamentais" da persoa e afírmase o seu carácter universal como inherentes, inalienables e aplicables a todos os seres humanos.[4] Adoptada como "ideal común polo que todos os pobos e nacións deben esforzarse", a DUDH compromete ás nacións para recoñecer que todos os seres humanos "nacen libres e iguais en dignidade e dereitos" con independencia "da súa nacionalidade, lugar de residencia, sexo, orixe nacional ou étnica, cor, relixión, lingua ou calquera outra condición social".[6] O canadense John Peters Humphrey foi o redactor principal, asistido pola estadounidense Eleanor Roosevelt, o francés René Cassin e o chinés P. C. Chang, entre outros.

A declaración considérase un "documento histórico" pola súa "linguaxe universalista", que non fai referencia a ningunha cultura, sistema político ou relixión en particular.[7][8] Inspirou directamente o desenvolvemento do dereito internacional dos dereitos humanos, e foi o primeiro paso na formulación da Carta Internacional dos Dereitos Humanos, que se completou en 1966 e entrou en vigor en 1976. Aínda que non é xuridicamente vinculante, o contido da DUDH elaborouse e incorporouse en tratados internacionais posteriores, instrumentos de dereitos humanos rexionais e constitucionais e en códigos xurídicos nacionais.[9][10][11]

Os 193 Estados membros das Nacións Unidas ratificaron polo menos un dos nove tratados vinculantes nos que influíu a Declaración, e a gran maioría ratificou catro ou máis.[4] Aínda que existe un amplo consenso en que a declaración en si non é vinculante e non forma parte do dereito internacional consuetudinario, tamén existe consenso en que moitas das súas disposicións son vinculantes e pasaron a formar parte do dereito internacional consuetudinario,[12][13] aínda que os tribunais dalgúns países foron máis restritivos en canto aos seus efectos xurídicos.[14][15] Segue sendo citada amplamente por profesores universitarios, avogados defensores e por tribunais constitucionais. Avogados internacionalistas continuamente debaten cales das súas estipulacións se poden dicir que constitúen o dereito internacional consuetudinario. As opinións varían moito en canto a isto e cuestiónanse desde algunhas estipulacións até todo o documento, e a súa importancia queda patente en parte polas súas 530 traducións, o maior número de todos os documentos da historia.[16]

Estrutura e contido[editar | editar a fonte]

A estrutura subxacente da Declaración Universal estaba influída polo Código Napoleónico, incluíndo un preámbulo e principios xerais introdutorios. [17] A súa estrutura definitiva tomou forma no segundo borrador elaborado polo xurista francés René Cassin, que traballou sobre o borrador inicial preparado polo xurista canadense John Peters Humphrey.

A Declaración consta do seguinte:

  • O preámbulo expón as causas históricas e sociais que levaron á necesidade de redactar a Declaración.
  • Os artigos 1-2 establecen os conceptos básicos de dignidade, liberdade e igualdade.
  • Os artigos 3-5 establecen outros dereitos individuais, como o dereito á vida e a prohibición da escravitude e a tortura.
  • Os artigos 6-11 refírense á legalidade fundamental dos dereitos humanos e citan recursos específicos para defendelos cando son violados.
  • Os artigos 12-17 establecen os dereitos do individuo fronte á comunidade, incluída a liberdade de circulación e de residencia dentro de cada Estado, o dereito de propiedade e o dereito a unha nacionalidade.
  • Os artigos 18 a 21 sancionan as chamadas "liberdades constitucionais" e as liberdades espirituais, públicas e políticas, como a liberdade de pensamento, opinión, expresión, relixión e conciencia, palabra, asociación pacífica do individuo, e a recepción e difusión de información e ideas a través de calquera medio de comunicación.
  • Os artigos 22-27 sancionan os dereitos económicos, sociais e culturais do individuo, incluído a atención sanitaria. Defende un amplo dereito a un nivel de vida adecuado, e fai especial mención á atención prestada a quen se atopa na maternidade ou a infancia.
  • Os artigos 28-30 establecen os medios xerais de exercicio destes dereitos, os ámbitos nos que non poden aplicarse os dereitos da persoa, o deber da persoa para coa sociedade e a prohibición do uso dos dereitos en contravención dos fins da Organización das Nacións Unidas.[18]

Cassin comparou a Declaración co pórtico dun templo grego, con cimentos, chanzos, catro columnas e un frontón.[19] Os artigos 1 e 2 -cos seus principios de dignidade, liberdade, igualdade e fraternidade- serviron de cimentos. Os sete parágrafos do preámbulo, que expoñen as razóns da Declaración, representan os banzos que conducen ao templo. O corpo principal da Declaración fórmano as catro columnas. A primeira columna (artigos 3-11) constitúe os dereitos do individuo, como o dereito á vida e a prohibición da escravitude. A segunda columna (artigos 12-17) constitúe os dereitos do individuo na sociedade civil e política. A terceira columna (artigos 18-21) refírese ás liberdades espirituais, públicas e políticas, como a liberdade relixiosa e a liberdade de asociación. A cuarta columna (artigos 22-27) recolle os dereitos sociais, económicos e culturais. Finalmente, os tres últimos artigos constitúen o frontón que une a estrutura, xa que fan fincapé nos deberes mutuos de cada individuo para cos demais e coa sociedade.[19]

Antecedentes históricos[editar | editar a fonte]

As primeiras declaracións[editar | editar a fonte]

A Carta Magna[editar | editar a fonte]

Quizais o antecedente histórico máis antigo sexa a Carta Magna, de 1215 asinada por Xoán sen Terra. Segundo esta, Xoán debía renunciar a certos dereitos e respectar determinados procedementos legais, recoñecendo que a vontade do rei estaría suxeita á lei. Aínda que o contido da carta en boa parte está destinada a protexer os dereitos dos nobres e deixa fóra aos servos. Aínda así contén disposicións como:

29. Ningún home libre poderá ser detido ou preso, ou ser privado da súa liberdade, ou dereitos, ou costumes, ou ser declarado proscrito, ou exiliado ou danado de calquera xeito; e Nós non pasaremos por enriba del nin o condenaremos, excepto que sexa legalmente xulgado polos seus iguais, ou pola Lei do País. Nós non venderemos a ningún home, e non negaremos ou atrasaremos a ningún home a Xustiza ou o Dereito.

A Escola de Salamanca[editar | editar a fonte]

Estatua de Frei Antonio de Montesinos, localizada no Malecón da cidade de Santo Domingo, República Dominicana.

Outro antecedente histórico atopámolo, onde xa se fala de que todos os seres humanos teñen uns dereitos inherentes independentes da súa condición, nacionalidade ou circunstancias persoais nos mestres da chamada Escola de Salamanca: Francisco de Vitoria, Bartolomé de las Casas. Estes, partindo dunha visión teolóxica cristiá e ante a situación que viven os indios, oprimidos e incluso exterminados polos conquistadores españois, lembran que son persoas, fillos de Deus, e reclaman -con moi pouco éxito- que sexa respectada a súa dignidade.

O cuarto domingo de Advento, 21 de decembro aquel ano, ou, segundo outras fontes, o 30 de novembro de 1510[20], frei Antonio de Montesinos pronuncia un famoso sermón, recollido por frei Bartolomé de las Casas, que pode axudar a entender a postura dos mestres da Escola de Salamanca:

(...)Decid, con qué derecho y con qué justicia tenéis en tan cruel y horrible servidumbre a estos indios?, ¿con qué autoridad habéis hecho tan detestables guerras a estas gentes que estaban en sus tierras mansas y pacificas, donde tan infinitas de ellas, con muerte y estragos nunca oídos, habéis consumido?, ¿cómo los tenéis tan opresos y fatigados, sin darles de comer ni curarlos en sus enfermedades, que de los excesivos trabajos que les dáis incurren y se os mueren, y por mejor decir, los matáis, por sacar y adquirir oro cada día?, ¿y qué cuidado tenéis de quien los adoctrine y conozcan a su Dios y criador, sean bautizados, oigan misa, guarden las fiestas y domingos?[21], ¿estos no son hombres?, ¿no tienen ánimas racionales?, ¿no sois obligados a amarlos como a vosotros mismos?, ¿esto no entendéis?, ¿esto no sentís?(...)

Para os estudosos posteriores, este sermón sinala a rota que han de seguir o máis axeitado das Leis de Indias e que teólogos como Francisco de Vitoria e Domingo de Soto recollen e amplían. "A través destas expresións xurdirán as teorías teolóxico-xurídicas que amparan os dereitos propios da personalidade humana,(...) que afinca as súas raíces na doutrina de Santo Tomás[22]

As revolucións burguesas do século XVIII[editar | editar a fonte]

A Independencia dos Estados Unidos[editar | editar a fonte]

A Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América é un texto aprobado polo Congreso Continental dos Estados Unidos de América o 4 de xullo de 1776 no que se anuncia que as trece colonias que se atopaban naquel momento en guerra con Gran Bretaña pasaban a constituírse en estados independentes e deixaban, polo tanto, de formar parte do imperio británico.

O ben coñecido preámbulo, contén os principios esenciais da Declaración. Constitúe ao mesmo tempo unha proclamación do que se coñece como “dereito á revolución”, que, en esencia, vén a dicir que cando un goberno viola certos dereitos fundamentais das persoas, estas teñen o dereito de “reformar ou abolir” ese goberno:

Sostemos por evidentes estas verdades: que todos os seres humanos son creados iguais; que son dotados polo seu creador de certos dereitos inalienables, entre os que se atopan a vida, a liberdade e a procura da felicidade; que para garantir estes dereitos se institúen os gobernos, que derivan os seus poderes lexítimos do consentimento dos gobernados; que cando unha forma de goberno se volve destrutora destes principios, o pobo ten dereito a reformala ou abolila e establecer un novo goberno fundado sobre os devanditos principios e a organizar os seus poderes do xeito que consideren máis favorable para a súa seguridade e felicidade.

A Revolución Francesa[editar | editar a fonte]

Os líderes da Revolución, constituídos en Asemblea, promulgan o 26 de agosto de 1789 a Declaración dos dereitos do home e do cidadán

Os representantes do Pobo Francés constituídos en Asemblea Nacional, tendo en conta que a ignorancia, o esquecemento ou o desprezo dos dereitos do home son as únicas causas das calamidades públicas e da corrupción dos gobernos, resolveron expor nunha declaración solemne os dereitos naturais, inalienables e sagrados do home, a fin de que esta declaración, constantemente presente ante todos os membros do corpo social, debe lembralles sen descanso os seus dereitos e deberes, de xeito que os actos do Poder Lexislativo, e do poder executivo se pode comparar a calquera momento co obxectivo de calquera institución política, sexan máis respectados, a fin de que as reclamacións dos cidadáns, baseadas de agora en diante en principios simples e indiscutibles, colaboren sempre no mantemento da Constitución, e da felicidade de todos.

Así, a Asemblea Nacional recoñece e declara en presenza e baixo os auspicios do Ser Supremo, os dereitos seguintes, do Home e do Cidadán.

Artigo I.

Os homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos. As distincións sociais só poden ser fundadas sobre o ben xeral.

Impacto[editar | editar a fonte]

Significado[editar | editar a fonte]

Mini libro, en francés, coa Declaración Universal dos Dereitos Humanos da ONU

No momento da significación da Declaración pola Asemblea Xeral en 1948, Eleanor Roosevelt dixo:[23]

Ao dar hoxe a nosa aprobación á declaración, é de primordial importancia que teñamos claramente presente o carácter básico do documento. Non é un tratado; non é un acordo internacional. Non é nin pretende ser unha declaración de dereito ou de obrigación legal. É unha declaración dos principios básicos dos dereitos humanos e as liberdades, para ser selada coa aprobación da Asemblea Xeral mediante o voto formal dos seus membros, e para servir como un estándar común de logros para todos os pobos de todas as nacións.

A DUDH considérase pioneira por ofrecer un conxunto de principios exhaustivo e universal nun documento laico e apolítico que transcende explicitamente culturas, relixións, sistemas xurídicos e ideoloxías políticas.[8] A súa pretensión de universalidade describiuse como "ilimitadamente idealista" e a "característica máis ambiciosa"..[24]

A Declaración adoptouse oficialmente como documento bilingüe en inglés e francés, con traducións oficiais en chinés, ruso e español, todas elas linguas oficiais de traballo da ONU.[25] Debido á súa natureza intrinsecamente universalista, as Nacións Unidas realizarón un esforzo concertado para traducir o documento ao maior número posible de idiomas, en colaboración con entidades privadas e públicas e con particulares.[26] En 1999, o Libro Guinness dos Récords cualificou a Declaración como o "Documento máis traducido" do mundo, con 298 traducións; o récord volveu certificarse unha década despois, cando o texto alcanzou 370 linguas e dialectos diferentes.[27][28] A DUDH alcanzou o fito de máis de 500 traducións en 2016 e, a partir de 2021, traduciuse a 530 idiomas,[29] segue sendo o documento máis traducido.[30]

No seu preámbulo, os gobernos comprométense e comprometen aos seus pobos para adoptar medidas progresivas que garantan o recoñecemento e a observancia universais e efectivos dos dereitos humanos enunciados na Declaración. Eleanor Roosevelt apoiou a adopción do texto como declaración, no canto de como tratado, porque cría que tería o mesmo tipo de influencia na sociedade mundial que a Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América tivo dentro dos Estados Unidos.[31] Aínda que non é xuridicamente vinculante, a Declaración incorporouse ou influíu na maioría das constitucións nacionais desde 1948. Tamén serviu de base para un número cada vez maior de leis nacionais, leis e tratados internacionais, así como para un número cada vez maior de institucións rexionais, subnacionais e nacionais que protexen e promoven os dereitos humanos.

As disposicións da Declaración, que o abarcan todo, serven de "vara de medir" e punto de referencia para xulgar os compromisos dos países cos dereitos humanos, por exemplo a través dos órganos de tratados e outros mecanismos de diversos tratados de dereitos humanos que supervisan a súa aplicación.[32]

Efecto xurídico[editar | editar a fonte]

En dereito internacional, unha declaración distínguese dun tratado en que, polo xeral, enuncia aspiracións ou entendementos entre as partes, e non obrigacións vinculantes.[33] A Declaración adoptouse explicitamente para reflectir e desenvolver o dereito internacional consuetudinario reflectido nas "liberdades fundamentais" e os "dereitos humanos" aos que se fai referencia na Carta das Nacións Unidas, que é vinculante para todos os Estados membros.[33] Por este motivo, a Declaración Universal de Dereitos Humanos é un documento constitutivo fundamental das Nacións Unidas e, por extensión, das 193 partes da Carta das Nacións Unidas.

Con todo, o status da Declaración como documento xuridicamente esixible varía moito en todo o mundo: algúns países incorporárona á súa lexislación nacional, mentres que outros a consideran unha mera declaración de ideais, sen disposicións vinculantes.[34]

Moitos xuristas internacionais cren que a Declaración forma parte do dereito internacional consuetudinario e é unha poderosa ferramenta para exercer presión diplomática e moral sobre os gobernos que violan os seus artigos.[35][36][37][38][39][40] Un destacado xurista internacional describiu a DUDH como "universalmente considerada como a exposición de normas xeralmente aceptadas"."[41] Outros xuristas argumentaron ademais que a Declaración constitúe jus cogens, principios fundamentais do dereito internacional dos que ningún Estado pode apartarse ou derrogar.[42] A Conferencia Internacional de Dereitos Humanos das Nacións Unidas de 1968 advertiu que a Declaración "constitúe unha obrigación dos membros da comunidade internacional" para con todas as persoas.[43]

A Declaración serviu de base para dous pactos vinculantes de dereitos humanos das Nacións Unidas: o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos e o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Os principios da Declaración desenvólvense noutros tratados internacionais vinculantes como a Convención Internacional sobre a Eliminación de todas as Formas de Discriminación Racial, a Convención Internacional sobre a Eliminación da Discriminación contra a Muller, a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno, a Convención das Nacións Unidas contra a Tortura, e moitos máis. A Declaración segue sendo amplamente citada por gobernos, académicos, defensores e tribunais constitucionais, así como por individuos que apelan aos seus principios para a protección dos seus dereitos humanos recoñecidos.[44]

Dereito nacional[editar | editar a fonte]

Segundo un estudo de 2022, a DUDH "acelerou significativamente a adopción dun conxunto particular de dereitos [nacionais] constitucionais".[45] Un estudoso estima que polo menos 90 constitucións nacionais redactadas desde a adopción da Declaración en 1948 "conteñen declaracións de dereitos fundamentais que, aínda que non reproducen fielmente as disposicións da Declaración Universal, polo menos inspíranse nela".[46] Polo menos 20 nacións africanas que alcanzaron a independencia nas décadas inmediatamente posteriores a 1948 fixeron referencia explícita á DUDH nas súas constitucións.[46] En 2014, as constitucións que aínda citan directamente a Declaración son as de Afganistán, Benín, Bosnia e Hercegovina, Burkina Faso, Burundi, Cambodia, Chad, Comores, Costa do Marfil, Guinea Ecuatorial, España, Etiopía, Gabón,Guinea, Guinea Ecuatorial, Haití, Malí, [Mauritania]], Nicaragua, Níxer, Portugal, República Democrática do Congo, Romanía, Ruanda, San Tomé e Príncipe, Senegal, Somalia, Togo e Iemen.[46] Ademais, as constitucións de Portugal, Romanía, San Tomé e Príncipe, e España obrigan aos seus tribunais para "interpretar" as normas constitucionais de forma coherente coa Declaración Universal.[47]

Figuras xudiciais e políticas de moitas nacións invocaron directamente a DUDH como influencia ou inspiración nos seus tribunais, constitucións ou códigos legais. Os tribunais indios han ditaminado que a Constitución da India "[incorpora] a maioría dos artigos contidos na Declaración".[48] Nacións tan diversas como Antiga, Chad, Chile, Kazajstán, San Vicente e as Granadinas e Zimbabue derivaron disposicións constitucionais e legais da Declaración.[46] Nalgúns casos, incorpóranse disposicións específicas da DUDH ou se reflicten doutro xeito na lexislación nacional. O dereito á saúde ou á protección da saúde figura nas constitucións de Bélxica, Kirguizistán, Paraguai, Perú, Tailandia e Togo; as obrigacións constitucionais do goberno de proporcionar servizos sanitarios existen en Armenia, Cambodia, Etiopía, Finlandia, Corea do Sur, Kirguizistán, Paraguai, Tailandia e Iemen.[48]

Un estudo dos casos dos Estados Unidos ata 1988 atopou cinco referencias á Declaración por parte do Tribunal Supremo dos Estados Unidos; dezaseis referencias por parte de tribunais federais de apelación; vinte e catro referencias por parte de tribunais federais de distrito; unha referencia por parte dun tribunal de quebras; e varias referencias por parte de cinco tribunais estatais.[49] Así mesmo, unha investigación realizada en 1994 identificou 94 referencias á Declaración por parte de tribunais federais e estatais de todo EE.UU.[50]

En 2004, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos ditaminou no caso Sosa contra Álvarez-Machain que a Declaración "non impón pola súa propia forza obrigacións como cuestión de dereito internacional", e que os poderes políticos do goberno federal dos Estados Unidos poden "examinar" as obrigacións da nación cos instrumentos internacionais e a súa exixibilidade.[15] Con todo, os tribunais e as lexislaturas estadounidenses poden seguir utilizando a Declaración para informar ou interpretar as leis relacionadas cos dereitos humanos,[51] posición compartida polos tribunais de Bélxica, Países Baixos, India e Sri Lanka.[51]

Reacción[editar | editar a fonte]

Eloxios e apoio[editar | editar a fonte]

A Declaración Universal ha recibido eloxios de varios activistas, xuristas e líderes políticos notables. O filósofo e diplomático lebanés Charles Malik cualificouna de "documento internacional de primeira orde",[52] mentres que Eleanor Roosevelt-primeira presidenta da Comisión de Dereitos Humanos (CDH) que axudou a redactar a Declaración- afirmou que "ben podería converterse na Carta Magna internacional de todos os homes en todas partes".[53] En 1993, na Conferencia Mundial de Dereitos Humanos das Nacións Unidas, un dos maiores encontros internacionais sobre dereitos humanos,[54] Diplomáticos e funcionarios representantes de 100 nacións reafirmaron o "compromiso dos seus gobernos cos propósitos e principios contidos na Carta das Nacións Unidas e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos" e fixeron fincapé en que a Declaración como "fonte de inspiración e foi a base das Nacións Unidas para avanzar no establecemento de normas contidas nos instrumentos internacionais de dereitos humanos existentes."[46] Nun discurso pronunciado o 5 de outubro de 1995, o Papa Xoán Paulo II cualificou a Declaración de "unha das máis altas expresións da conciencia humana do noso tempo", a pesar de que o Vaticano nunca a adoptou.[55] Nunha declaración realizada o 10 de decembro de 2003 en nome da Unión Europea, Marcello Spatafora afirmou que a Declaración "situaba os dereitos humanos no centro do marco de principios e obrigacións que configuran as relacións no seo da comunidade internacional".[56]

Como alicerce dos dereitos humanos internacionais, a DUDH goza dun amplo apoio entre as organizacións internacionais e non gobernamentais. A Federación Internacional de Dereitos Humanos (FIDH), unha das organizacións de dereitos humanos máis antigas, ten como mandato fundamental promover o respecto de todos os dereitos enunciados na Declaración, o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos e o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais.[57][58] Amnistía Internacional, a terceira organización internacional de dereitos humanos máis antiga,[59] celebrou periodicamente o Día dos Dereitos Humanos e organizou actos en todo o mundo para concienciar e apoiar a DUDH.[60] Algunhas organizacións, como a Oficina Cuáquera ante as Nacións Unidas e o Comité de Servizo dos Amigos Americanos elaboraron plans de estudo ou programas para educar aos mozos na DUDH.[61][62][63]

Redacción da Declaración[editar | editar a fonte]

Así relata Hernán Santa Cruz, de Chile, membro da Subcomisión de redacción, o ambiente que reinaba na Asemblea:

Percibí con claridad que estaba participando en un evento histórico verdaderamente significativo, donde se había alcanzado un consenso con respecto al valor supremo de la persona humana, un valor que no se originó en la decisión de un poder temporal, sino en el hecho mismo de existir – lo que dio origen al derecho inalienable de vivir sin privaciones ni opresión, y a desarrollar completamente la propia personalidad. En el Gran Salón... había una atmósfera de solidaridad y hermandad genuinas entre hombres y mujeres de todas las latitudes, la cual no he vuelto a ver en ningún escenario internacional.

Redactores[editar | editar a fonte]

  • John Peters Humphrey (1905-1995): avogado, diplomático e profesor canadense. Considerado como o redactor principal da Declaración.[64].
  • Stéphane Hessel (1917-2013): combatente da resistencia francesa e diplomático, o máis novo dos redactores, ao fin da súa vida volveu adquirir sona polo seu libro Indignádevos sobre as causas e a resposta á crise de 2008.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Declaración Universal dos Dereitos Humanos Arquivado 2020-04-13 en Wayback Machine., Nacions Unidas, versión en galego, 1998.
  2. The Universal Declaration of Human Rights, localización na web das Nacions Unidas. Versión oficial en inglés.
  3. "A/RES/217(III)". UNBISNET. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2019. Consultado o 24 de maio de 2015. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Derecho Internacional de los Derechos Humanos". www.un.org (en inglés). 2 de setembro de 2015. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  5. "A/RES/217(III)". UNBISNET. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2019. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  6. UDHR Booklet, Art. 2.
  7. "Universal Declaration of Human Rights". Amnesty International (en inglés). Consultado o 8 de outubro do 2023 2020. 
  8. 8,0 8,1 "Human Rights: The Universal Declaration vs The Cairo Declaration". Middle East Centre. 10 de deembro de 2012. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  9. "Protection of Human Rights under Universal International Law". www.un.org. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  10. "Declaration on Human Rights Defenders". www.ohchr.org. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  11. "70 Years of Impact: Insights on the Universal Declaration of Human Rights". www.unfoundation.org. 5 de decembro de 2018. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  12. Henry J Steiner and Philip Alston, International Human Rights in Context: Law, Politics, Morals, (2nd ed), Oxford University Press, Oxford, 2000.
  13. Modelo:Ill, The universal declaration of human rights in National and International Law, p. 145
  14. Posner, Eric (4 de decembro de 2014). "The case against human rights". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 8 de outubro do 2023. 
  15. 15,0 15,1 Sosa v. Alvarez-Machain, 542 U.S. 692, 734 (2004).
  16. "OHCHR | Universal Declaration of Human Rights Main". www.ohchr.org. 
  17. Glendon 2002, pp. 62–64.
  18. Glendon 2002, Chapter 10.
  19. 19,0 19,1 "OHCHR | Universal Declaration of Human Rights at 70: 30 Articles on 30 Articles – Article 28". www.ohchr.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro do 2023. 
  20. A data exacta varía segundo as fontes.
  21. Neste tempo, a "evanxelización" consistía, as máis das veces, na lectura ao "indio" do prólogo do Evanxeo de Xoán, (un texto de por si complexo de entender), en latín e a seguir, xa eran bautizados.
  22. En busca de los pobres de Jesucristo, pax. 57.
  23. Citado en Hurst Hannum,"The Status Of The Universal Declaration Of Human Rights In National And International Law", Georgia Journal of International and Comparative Law, Volume 25, Number 1 (1996), p. 318.
  24. "Boundlessly Idealistic, Universal Declaration Of Human Rights Is Still Resisted". NPR.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro do 2023. 
  25. "A/RES/217(III)". UNBISNET. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2019. Consultado o 9 de outubro do 2023. 
  26. "OHCHR | About the Universal Declaration of Human Rights Translation Project". www.ohchr.org. Consultado o 9 de outubro do 2023. 
  27. "Most translated document". Guinness World Records. 
  28. "Universal Declaration of Human Rights". United Nations Office of the High Commissioner for Human Rights. 
  29. "OHCHR | World Record". www.ohchr.org. 
  30. "Most translated document". Guinness World Records (en inglés). Consultado o 9 de outubro do 2023. 
  31. Timmons, Eric J. (18 de febreiro de 2016). "Mspy and USA declaration". 4everY. SpySoft. Consultado o 9 de outubro do 2023. 
  32. "70 Years of Impact: Insights on the Universal Declaration of Human Rights". unfoundation.org (en inglés). 5 December 2018. Consultado o 29 de outubro do 22023. 
  33. 33,0 33,1 "Glossary of terms relating to Treaty actions". treaties.un.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2020. Consultado o 22 de outubro do 2023. 
  34. Véxase en xeral "The Status Of The Universal Declaration Of Human Rights In National And International Law", Georgia Journal of International and Comparative Law, Volume 25, Number 1 (1996), pp. 287–397.
  35. Office of the High Commissioner for Human Rights. "Digital record of the UDHR". United Nations. 
  36. {cita libro | last = John Peters | first = Humphrey | author-link = John Peters Humphrey | chapter = The universal declaration of human rights, Its history, impact andjuridical character | pages = 37 | editor-last = Bertrand G. | editor-first = Ramcharan | editor-link = Bertrand Ramcharan |title=Human Rights: Thirty Years After the Universal Declaration : Commemorative Volume on the Occasion of the Thirtieth Anniversary of the Universal Declaration of Human Rights |chapter-url=https://books.google.com/books?id=favRCKyN-_IC&pg=PA21 |data=23 de maio de 1979 | publisher=Nijhoff |location = The Hage |isbn=9024721458}}
  37. Sohn, Louis B. (1977). "The human rights law of the charter". Texas International Law Journal 12. p. 133. ISSN 0163-7479. Consultado o 22 de outubro do 2023. 
  38. Myres S., McDougal; Lasswell, Harold D.; Chen, Lung-chu (1969). "Human Rights and World Public Order: A Framework for Policy-Oriented Inquiry". Faculty Scholarship Series (Yale Law School). pp. 273–274, 325–327. Consultado o 22 de outubro do 2023. 
  39. Katharine G. Young, Freedom, Want and Economic and Social Rights: Frame and Law, 24 Md. J. Int'l L. 182 (2009) (Symposium on 60th Anniversary of the Universal Declaration of Human Rights)
  40. Anthony A. D'Amato (1987). International law: process and prospect. Transnational Publishers. pp. 123–147. ISBN 978-0941320351. 
  41. R. Lallah, 2 Judicial Colloquium in Bangalore, Developing Human Rights Jurisprudence, The Domestic Application of International Human Rights Norms 33 (London, Commonwealth Secretariat, 1998)
  42. Justice M. Haleem, "The Domestic Application of International Human Rights Norms", Developing Human Rights Jurisprudence, supra note 158, at 97; Myres S. Mcdougal, Harold Lasswell & Lung-Chu Chen, "Human Rights and World Public Order" 274 (New Haven, CT: Yale University Press, 1980.
  43. "Human rights and the international community: twenty questions". UNESCO (en inglés). 14 de febreiro de 2018. Consultado o 22 de outubro do 2023. 
  44. "What is the Universal Declaration of Human Rights? | Australian Human Rights Commission". humanrights.gov.au. Consultado o 22 de outubro do 2023. 
  45. Elkins, Zachary; Ginsburg, Tom (2022). "Imagining a World without the Universal Declaration of Human Rights". World Politics (en inglés) 74 (3). pp. 327–366. ISSN 0043-8871. doi:10.1017/S0043887122000065. 
  46. 46,0 46,1 46,2 46,3 46,4 The UDHR in National and International Law, pp. 151–152.
  47. Portuguese Constitution, article 16(2); Romanian Constitution, article 20(1); Sao Tom6 and Principe Constitution, article 17(2); Spanish Constitution, article 10(2).
  48. 48,0 48,1 Bombay Education Society v. State of Bombay, 1954 Bom. 271, at 1350.
  49. Beth Andrus, The Universal Declaration of Human Rights 1948–1988: Human Rights, The United Nations and Amnesty International 10–11 (Amnesty International U.S.A. Legal Support Network, 1988). A
  50. The Status of the Universal Declaration of Human Rights in National and International Law Ga. J. Int'l & Comp. L, Vol 25:287, p. 304.
  51. 51,0 51,1 G. Christenson, "Using Human Rights Law to Inform Due Process and Equal Protection Analyses," University of Cincinnati Law Review 52 (1983), p. 3.
  52. "Statement by Charles Malik as Representative of Lebanon to the Third Committee of the United Nations General Assembly on the Universal Declaration". 6 de novembro de 1948. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2008. 
  53. Michael E. Eidenmuller (9 de decembro de 1948). "Eleanor Roosevelt: Address to the United Nations General Assembly". Americanrhetoric.com. Consultado o 29 de outubro do 2023. 
  54. Boyle, Kevin (1995). "Stock-Taking on Human Rights: The World Conference on Human Rights, Vienna 1993". In Beetham, David (ed.). Politics and Human Rights. Wiley-Blackwell. p. 79. ISBN 0631196668.
  55. "John Paul II, Address to the U.N., October 2, 1979 and October 5, 1995". Vatican.va. Consultado o 29 de outubro do 2023. 
  56. "International human rights defenders honoured as general assembly marks fifty-fifth anniversary of universal declaration". United Nations: meetings coverage and press releases. 10 de decembro de 2003. Consultado o 29 de outubro do 2023. 
  57. Contribution to the EU Multi-stakeholder Forum on CSR (Corporate Social Responsibility) Arquivado 2012-10-24 en Wayback Machine., 10 de febreiro de 2009; consultado o 9 de novembro de 2009
  58. Information Partners, sitio web do ACNUR, última actualización: 25 de febreiro de 2010, 16:08 GMT (consulta da web: 25 de febreiro de 2010, 18:11 GMT)
  59. "UDHR film". Amnesty International. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2013. Consultado o 4 de marzo do 2024. 
  60. "Fire Up!". Amnesty International. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2013. Consultado o 4 de marzo do 2024. 
  61. "UNHCR Partners". UNHCR. Consultado o 4 de marzo do 2024. 
  62. "AFSC Universal Declaration of Human Rights web page". American Friends Service Committee. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2020. Consultado o 4 de marzo do 2024. 
  63. "Youth for Human Rights". Youth for Human Rights. Consultado o 4 de marzo do 2024. 
  64. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2013. Consultado o 31 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Gutiérrez, Gustavo (1993). En busca de los pobres de Jesucristo. Salamanca: Ediciones Sígueme. p. 716. ISBN 84-301-1198-0. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]