Evanxeo de Xoán
| Novo Testamento para máis detalles vexa Canon bíblico |
|
Evanxeos de:
|
O Evanxeo de Xoán é un libro da Biblia no Novo Testamento que contén a mensaxe de Xesucristo. O apóstolo Xoán o evanxelista é considerado tradicionalmente como o seu autor.
Índice |
O Evanxeo de Xoán e o Corpus Xoánico [editar]
O Evanxeo de Xoán, dentro do conxunto dos Evanxeos, resulta moi distinto aos Sinópticos: Mateo, Lucas e Marcos. Se os sinópticos se constrúen con pezas breves: milagres e parábolas, Xoán opta por relatos moi detallados dos milagres e grandes discursos. No canto dos Evanxeos da Infancia con que comezan Mateo ou Lucas, ábrese cunha reflexión sobre o significado teolóxico que para os cristiáns ten a figura de Xesús de Nazaret. Incluso a cronoloxía da predicación e da paixón de Cristo varían respecto aos sinópticos.
Pola contra, está moito máis cercano dos outros textos que tradicionalmente foron atribuídos ao apóstolo Xoán: as tres cartas e o Apocalipse, tanto pola teoloxía de fondo como polos termos usados. Por iso os estudiosos fan unha subdivisión dentro do Novo Testamento e engloban todo este material baixo o nome de Corpus Xoánico.
Data de composición e destinatarios [editar]
Tódolos investigadores coinciden en que é o máis serodio dos Evanxeos, o máis común é situar a súa composición arredor do ano 100.
Tradicionalmente, o lugar de composición era a cidade de Éfeso, situada perto da actual Selçuk, en Turquía. Sen poder precisar este dato, si se pode afirmar, tendo en conta o idioma e as frecuentes explicacións sobre costumes e leis xudeas, que foi composta no contexto dunha comunidade cristiá de orixe grega.
O Autor [editar]
Tradicionalmente, a súa autoría foi atribuída ao Apóstolo Xoán, así, San Ireneo escribía no século II: "Segundo isto, Xoán, o discípulo de Xesús (...), deu tamén á luz o seu evanxeo cando residía en Éfeso, en Asia"[1]. No mesmo senso falarían Policarpo de Esmirna ou Polícrates de Éfeso. Aínda que, hai que ter en conta que estas referencias son sempre de segunda man. Ningún deste autores coñeceu a Xoán, e todos fundamentan as súas palabras sobre o testemuñol doutros.
Ademais, unha serie de datos fan pensar nun proceso de elaboración e, polo tanto, nunha atribución máis complexa:
- Tendo en conta a data de composición, Xoán tería que ter polo menos 80 anos cando o rematou. Unha idade moi alta para a época.
- O manexo do grego, idioma orixinal do evanxeo, a profundidade teolóxica e o fondo coñecemento que ten de tódalas escrituras, non parece corresponder co nivel cultural que tería un mariñeiro de Galilea.
- O texto que conservamos ten dous finais, un en (Xn 20, 30-31) e outro en (Xn 21, 24-25), o que evidenciaría a existencia de, polo menos, dous autores.
Pola contra o texto contén descricións de lugares ou detalles da vida de Xoán e da súa relación con Xesús cunha forte carga autobiográfica. Por exemplo, cando fala do primeiro encontro de Xoán con Xesús: e eles foron e viron onde paraba, eran contra as catro da tarde (Xn 1, 39). O que apontaría a que o outor tivo acceso a unha testemuña directa de Xesús.
O autor podería ser, polo tanto, un discípulo ou un grupo de discípulos de Xoán, que recolleron a predicación e a testemuña do apóstolo e que formaban parte da súa comunidade cristiá. Dentro dese ambiente, nacido do liderazgo do apóstolo e a partir da súa testemuña, elaboraron o Evanxeo.
Estrutura [editar]
A principal característica distintiva de Xoán respecto aos outros evanxeos radica en que se elabora a partir con unidades temáticas de gran tamaño.
O autor constrúe o Evanxeo mediante parellas formadas por un milagre máis un discurso. A isto engade un prólogo e remata coa actuación de Xesús e Xerusalén. predicación e paixón, morte e resurección.
| Capítulos | Denominación | Contido | ||||||
| 1 | Prólogo | Xesús é o Verbo de Deus | ||||||
| 2 | Vodas de Caná | Milagre da auga convertida en viño Discurso sobre a "hora" de Xesús |
||||||
| --- | Xesús e a Lei | Curación do paralítico Discurso sobre a nova Lei |
||||||
| 6 | Xesús, Pan de Vida | Multiplicación dos pans e os peixes Discurso do Pan de Vida |
||||||
| --- | Xesús, Luz do mundo | Curación do cego de nacemento Discurso da Luz do Mundo |
||||||
| --- | Xesús, a Vida | Resurreción de Lázaro Discurso da Vida do Mundo |
||||||
| --- | Predicación en Xerusalén | Xesús, Bo Pastor Episodio da adúltera |
||||||
| --- | Paixón e morte | Apresamento e xuízo no Sanedrín Ante Pilatos No pazo de Herodes Crucifixión e morte |
||||||
| --- | Resurrección | O sepulcro baleiro Aparición á Magadalena Aparicións aos Doce Primeiro final do Evanxeo |
||||||
| 21 | Epílogo | Derradeira aparición Misión de Pedro e os Doce Peche |
Notas [editar]
- ↑ IRENEO, Adversus haereses, III, 1, 2
Bibliografía [editar]
- MATEOS, J e BARRETO, J: El Evangelio de Juan (análisis lingüistico y comentario exegético), Ed. Cristiandad, Madrid, 1982 (2ª ed.)
- A BIBLIA: Ed. SEPT, Vigo, 1989.
- SCHNACKENBURG, R.: El Evangelio según San Juan, 4 vol., trad. A. Esteban Lator, Ed. Herder, Barcelona, 1980.