Conversa:Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Segundo a miña fonte, na Declaración de Dereitos Humanos, o artigo 2 di: “Ninguén pode ser discriminado por razón de raza, cor, sexo, lingua nin relixión”. O problema é que non estou seguro ao 100% de que se trate deste artigo. O é? --Gallaecio 13:59, 27 setembro 2007 (UTC)

Artículo 2

1. Toda persona tiene todos los derechos y libertades proclamados en esta Declaración, sin distinción alguna de raza, color, sexo, idioma, religión, opinión política o de cualquier otra índole, origen nacional o social, posición económica, nacimiento o cualquier otra condición.

2. Además, no se hará distinción alguna fundada en la condición política, jurídica o internacional del país o territorio de cuya jurisdicción dependa una persona, tanto si se trata de un país independiente, como de un territorio bajo administración fiduciaria, no autónomo o sometido a cualquier otra limitación de soberanía.

[1] AlberteSi, digame? 14:04, 27 setembro 2007 (UTC)


Penso que te podo axudar, xa que eu estudiei Dereito. Concretamente o termo discriminación se recolle no artigo 7 da Declaración dos dereitos humanos:

Artigo 7:Todos son iguales ante la ley y tienen, sin distinción, derecho a igual protección de la ley. Todos tienen derecho a igual protección contra toda discriminación que infrinja esta Declaración y contra toda provocación a tal discriminación

Pero pode ser que ao mellor no que estabas a pensar era esto:

Artigo 14 Constitución Española: Artigo 14 Os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social

Constitución Española en galego

(puxen a referencia a CE porque as Constitucións europeas posteriores a 1948 fixeron toda a súa parte dogmática tomando como referencia a Declaración Universal e os dereitos que nela se contiñan e como podes ver na española se sintetiza neste artigo tanto o 7 como o 2).

Espero que te sirva de axuda, un saúdo. Alma 15:01, 27 setembro 2007 (UTC)

Maiúsculas/minúsculas[editar a fonte]

No dicionario da RAG, na entrada cincuentenario recollen Declaración Universal dos Dereitos Humanos, na páxina O galego hoxe, tamén da RAG, a escrita é a mesma. Na miña opinión habería que recuperar o título coas maiúsculas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 7 de febreiro de 2017 ás 16:54 (UTC)[responder]

A escolla de Declaración universal dos dereitos humanos, ademais da referencia que acheguei de Termos esenciais de dereito constitucional é coherente coas formas Declaración dos dereitos do home e do cidadán (tamén rexistrado na obra Termos esenciais de dereito constitucional, tradución do orixinal francés Déclaration des droits de l'homme et du citoyen) e Declaración dos dereitos da muller e da cidadá (este é o título que aparece na tradución ao galego da antoloxía de Olympe de Gouges titulada Escritos políticos e literarios, tamén tradución do francés Déclaration des droits de la femme et de la citoyenne). Antes de volvelo a cambiar á forma con maiúscula eu consultaríallo ao Seminario de Lexicografía da RAG por se se trata dun erro, porque, por exemplo, eu pregunteilles unha incoherencia que presentaba o DRAG sobre a escrita de Estatuto de autonomía de Galicia que a poño aquí:
No exemplo da primeira acepción (da entrada promulgar) aparece «Estatuto de Autonomía de Galicia», mais no exemplo da primeira acepción da entrada «autonomía» aparece «Estatuto de autonomía de Galicia», non é incoherente?
Ao que me responderon: Agradecemos a súa suxestión e procedemos a igualar a redacción de ambas as dúas entradas para que, a partir da próxima actualización do arquivo, apareza “autonomía” con minúscula nos dous casos.--Isili0n (conversa) 7 de febreiro de 2017 ás 17:27 (UTC)[responder]
Adiante coa consulta. --Prevertgl 7 de febreiro de 2017 ás 17:34 (UTC)[responder]
Isili0n, pasou un tempo prudencial, tres semanas, semella que non hai resposta. A non ser que haxa algunha referencia para o traslado a páxina ten que volver ao seu sitio. Un cordial saúdo. --Prevertgl 28 de febreiro de 2017 ás 15:20 (UTC)[responder]
Perdoa, pero semella que entendín mal o que puxeches e pensei que a consulta ías facela ti. Acabo de mandala, polo xeral adoitan contestar pola mañá, así que haberá que agardar a mañá pola mañá.--Isili0n (conversa) 28 de febreiro de 2017 ás 15:32 (UTC)[responder]

Respondéronme: «Na obra Ortografía da lingua galega de Begoña González Rei indícase, no punto 14.2. que os títulos dos documentos oficiais se escriben con maiúscula en todos os substantivos e adxectivos, polo que se deberá deixar “Declaración Universal dos Dereitos Humanos”. Aínda que resulta complicado dispoñer de indicacións detalladas para todos os posibles usos, en xeral tratamos de seguir o que se recomenda no estudo mencionado por ser o máis actual e exhaustivo sobre o tema.»--Isili0n (conversa) 1 de marzo de 2017 ás 08:11 (UTC)[responder]

Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 1 de marzo de 2017 ás 12:46 (UTC)[responder]