Eleanor Roosevelt

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Eleanor Roosevelt en 1933

Anna Eleanor Roosevelt (11 de outubro de 18847 de novembro de 1962) foi Primeira Dama estadounidense. Esposa do Presidente dos Estados Unidos Franklin Delano Roosevelt, diplomática e activista polos dereitos humanos. Unha das mulleres que máis ten influído no século XX. Tamén foi a muller estadounidense que máis tempo ten permanecido como Primeira Dama. Durante o período posterior á crise de 1929 viaxou a través dos Estados Unidos promovendo a New Deal, e visitou as tropas nos frontes de batalla da Segunda Guerra Mundial.

Participou nas formacións de numerosas institucións, sendo as máis notables entre elas as Nacións Unidas, a Asociación de Nacións Unidas, e a Casa da Liberdade, (Freedom House). Presidiu o comité que aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. O Presidente Harry Truman referiuse a ela como a Primeira Dama do Mundo en honra aos seus extensos viaxes para promover os Dereitos Humanos.

Filla maior de Elliot e Anna Hall Roosevelt e nieta favorita de Theodore Roosevelt, casouse en 1905 cun primo en 5º grao, Franklin Delano Roosevelt.

En 1939 organizou para a cantante negra Marian Anderson, que fora rexeitada polo Constitution Hall, un recital no Lincoln Memorial cunha audiencia de 70.000 espectadores e radiodifusión por todo o país. O seu matrimonio non foi para ela obstáculo para oporse á decisión do seu marido de firmar a orden executiva 9066 que resultou no internamento de 110.000 xaponeses e descendentes de xaponeses na Costa Oeste dos EUA.

Trala Segunda Guerra Mundial participou na formulación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas, referíndose a ela como "A carta magna da humanidade".

Continuou participando activamente na vida política do seu país ata a súa morte en 1962.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:
Ferramentas persoais