Conversa Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos/Música, danza e teatro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Temos ben poucos artigos[editar a fonte]

Na miña opinión debería haber moitos máis artigos nesta categoría, que é unha das menos extensas. Artigos que ao meu xuízo deberían ir (descoñezo o currículo de secundaria, pero son cultura xeral e polo tanto entendo que se darán):

  1. Ballet
  2. Wolfgang Amadeus Mozart
  3. Ludwig van Beethoven
  4. Johann Sebastian Bach
  5. Antonio Vivaldi
  6. Richard Wagner
  7. Reveriano Soutullo
  8. Pascual Veiga
  9. Música da Idade Media
  10. Música do Barroco
  11. Música do Clasicismo
  12. Música do Romanticismo
  13. Escala musical
  14. Acorde
  15. Melodía
  16. Harmonía (música)
  17. Gaita galega
  18. Requinta
  19. Zanfona
  20. Tamboril
  21. Muiñeira
  22. Bravú

Dende logo os 49 que hai son totalmente insuficientes, poderían engadirse moitos outros, algúns que seguramente non estean nos temarios pero que sería moi positivo de cara a formar xeracións que coñezan especialmente a música galega (algunha banda -Merza, A Lira, por exemplo-, compositorxs como Carlos López García-Picos, instrumentos como a corna (impulsado nos últimos tempos por Abraham Cupeiro), a movida viguesa, algúns grupos galegos (Suaves, Siniestro Total, Resentidos, Dios ke te crew, Astarot... por citar algúns coñecidos), personalidades como Pucho Boedo, Manuel Quiroga Losada ou Bismark el Gallego (José Lago), grandes cantantes como Ángeles Gulín, Carolina Casanova, Ofelia Nieto, Ignacio Varela (tenor) ou María Luisa Nache (todas estas persoas ben coñecidas máis aló das nosas fronteiras, e algunhas tristemente esquecidas, como adoita pasar con demasiada frecuencia coas personalidades da música deste país). Podería haber case (ou sen case) cen artigos nesta lista e tan só aparecen 49, unha cifra ben ridícula en comparación coa literatura (en cuxa lista hai moitos nomes que son, con moito, menos notables que Mozart, Beethoven ou Bach, por exemplo).

Concordo tamén co expresado por HombreDHojalata, non se debería ter comezado a poñer a icona nos artigos mentres non se tiveran confeccionado as listas, proporía eliminalos mentres non se aclare o tema de que artigos van e cales non para non liar ao personal, agradécese o esforzo, pero non é necesario ir ás carreiras na colocación das iconas. Un saúdo, Piquito (conversa) 10 de xaneiro de 2019 ás 23:51 (UTC)[responder]

Piquito, concordo con engadir as biografías dos músicos universais que comentas, xunto con Reveriano Soutullo, gaita galega e muiñeira que entendo que teñen que estar no apartado do currículo galego. Con eses engadidos esta lista chega xa ós 57 artigos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de febreiro de 2019 ás 15:12 (UTC)[responder]
Acabo de revisar a versión de eu.wiki e vin que teñen 150 artigos, o problema é q no apartado do currículo éuscaro teñen 100 artigos. Eu penso que iso é excesivo. Para chegar ata eses 150 artigos o que se pode facer aquí é engadir algúns grupos senlleiros galegos no apartado do currículo galego e poñer outros artigos no apartado xeral, como os que indicaches ti por exemplo Piquito, ata chegar máis ou menos a eses 150. Que che parece? Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de febreiro de 2019 ás 15:21 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Elisardojm, dende o meu descoñecemento total do currículo da asignatura de música. Engado 69 artigos que considero (baixo o meu criterio, acertado ou non) que todo o mundo debe coñecer, incluídos 48 artigos relacionados con Galiza. Hai artigos que estou seguro non aparecen no currículo da materia por ser de personalidades pouco coñecidas e estudiadas pero cunha traxectoria internacional importante e que na miña opinión deberían recuperarse na memoria colectiva, ou que como Eugenia Osterberger foron pioneiras. Poderían incluirse máis artigos xerais, non o fixen por se se considera que deberían meterse máis artigos de teatro ou danza (non metín ningún artigo de personalidades da danza, podería meterse algunha se o consideradas, pero non sei moi ben o criterio). Tamén se podería engadir a ópera Inese e Bianca (primeira ópera galega) ou a zarzuela ¡Non máis emigración! (1ª zarzuela en galego e primeira obra en lingua galega en representarse fóra de Galiza), aínda que se nos empezamos a meter tamén en obras... (xa puxen a Novena de Beethoven por ter o que agora é o himno de Europa, pero poderían meterse máis que foron importantes por un motivo ou outro). Véxase que na lista hai 10 artigos que xa son de calidade (e un está agora en votación).

  1. Música
  2. Historia da música
  3. Música clásica
  4. Jazz
  5. Soul
  6. Rock and roll
  7. Gospel
  8. Música folk
  9. Música pop
  10. Heavy metal Artigo de calidade
  11. Rap
  12. Hip hop
  13. Música electrónica
  14. World music
  15. Orquestra
  16. Ópera
  17. Coro (grupo musical)
  18. Sinfonía
  19. Cantata
  20. Notación musical
  21. Instrumento musical
  22. Partitura
  23. Pentagrama
  24. Movemento (música)
  25. Harmonía (música)
  26. Timbre (música)
  27. Monodia
  28. Polifonía
  29. Homofonía (música)
  30. Contrapunto
  31. Melodía
  32. Software de edición de son
  33. Banda sonora orixinal
  34. Wolfgang Amadeus Mozart
  35. Ludwig van Beethoven
  36. Johann Sebastian Bach Artigo de calidade
  37. Antonio Vivaldi
  38. Richard Wagner Artigo de calidade
  39. Dramatización
  40. Teatro
  41. Improvisación
  42. Coreografía
  43. Comedia
  44. Musical
  45. Videoclip
  46. Curtametraxe
  47. Parodia
  48. Guión cinematográfico
  49. Atrezzo
  50. Escenografía
  51. Iluminación
  52. Teatro galego Galicia
  53. Reveriano Soutullo Galicia
  54. Manuel Lourenzo Galicia
  55. Gaita galega Galicia
  56. Música tradicional galega Galicia
  57. Muiñeira Galicia
  58. Ballet
  59. Claudio Monteverdi
  60. Georg Friedrich Händel Artigo de calidade
  61. Joseph Haydn
  62. Franz Schubert
  63. Piotr Ilich Tchaikovski
  64. Giuseppe Verdi
  65. Gustav Mahler Artigo de calidade
  66. Igor Stravinskii
  67. Arnold Schönberg
  68. John Cage
  69. John Coltrane
  70. Miles Davis
  71. Billie Holiday
  72. Elvis Presley
  73. Bob Marley
  74. Michael Jackson Artigo de calidade
  75. Jesús Bal y Gay Galicia
  76. Eugenia Osterberger Artigo de calidade Galicia
  77. Carlos López García-Picos Artigo de calidade Galicia
  78. Rogelio Groba Groba Galicia
  79. Andrés Gaos Berea Galicia
  80. Pascual Veiga Galicia
  81. Manuel Quiroga Losada Artigo de calidade Galicia
  82. Ángeles Gulín Galicia
  83. Carolina Casanova Galicia
  84. Ignacio Varela (tenor) Galicia
  85. Ofelia Nieto Galicia
  86. María Luisa Nache Galicia
  87. Carlos Núñez Galicia
  88. Cristina Pato Galicia
  89. Pucho Boedo Galicia
  90. Andrés do Barro Galicia
  91. Carlos Jean Galicia
  92. Luz Casal Galicia
  93. Abe Rábade Galicia
  94. Paco Charlín Galicia
  95. Sinfonía n.º 9 (Beethoven)
  96. Música da Idade Media
  97. Música do Renacemento
  98. Música do Barroco
  99. Música do Clasicismo
  100. Música do Romanticismo
  101. Escala musical
  102. Acorde
  103. Requinta Galicia
  104. Zanfona Galicia
  105. Tamboril Galicia
  106. Bravú Galicia
  107. The Beatles Artigo de calidade
  108. Los Suaves Galicia
  109. Siniestro Total Galicia
  110. Os Resentidos Galicia
  111. Os Diplomáticos de Monte-Alto Galicia
  112. Dios ke te crew Galicia
  113. Astarot Galicia
  114. Los Tamara Galicia
  115. Milladoiro (grupo musical) Galicia
  116. Luar na Lubre Galicia
  117. Berrogüetto Galicia
  118. Mr. Dixie Jazz Band Galicia
  119. Sumrrá Galicia
  120. Movida viguesa Galicia
  121. Coral Polifónica El Eco Galicia
  122. Banda Artística de Merza Galicia
  123. A Lira de Ribadavia Galicia
  124. Orquestra Sinfónica de Galicia Galicia
  125. Corna Galicia
  126. Sonata

Insisto, eu non teño nin idea do currículo, son todos artigos que eu engadiría se tivera que crear o currículo. O mellor sería que máis xente se pronunciara, as miñas achegas foron máis dende o punto de vista da música, especialmente da clásica. Un saúdo, Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2019 ás 18:11 (UTC)[responder]

Piquito, engadín os músicos clásicos da túa lista e ballet, porén o resto méteme un pouco de respecto engadilo así directamente. Penso que deberíamos buscar un criterio, ou varios, o máis obxectivo posible para engadir novos termos. Non sei, quizais os grupos gañadores dalgún premio musical do seu estilo ou algo así, algo externo no que basearse e ter de referencia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de febreiro de 2019 ás 22:47 (UTC)[responder]
Paréceme ben Elisardojm, os meus coñecementos do currículo de música son nulos, o único que sei del é que é escasísimo (como adoita pasar coas materias artísticas, que por suposto son menos importantes que as materias científicas, por exemplo -véxase o artigo ironía-). De todos xeitos creo que Pascual Veiga ben se pode meter, compuxo a música do himno galego, por outra banda, Elvis Presley, Michael Jackson e Bob Marley foron sobradamente relevantes na historia da música como para estar na lista (non sei se están no currículo... pero non creo que nel apareza seguramente nin Mahler!!). Relevante é tamén Jesús Bal y Gay, non todos os compositores galegos podían presumir de ser amigos de Igor Stravinskii! Os períodos históricos poderían ir ou non, serán tamén artigos principais do artigo historia da música (ou non, porque se fora así o artigo tería unha óptica eurocentrista... hai que pensalo). É complicado, o mellor é consultar a lista á comunidade e que opine e propoña outros sobre música e engada uns cantos de teatro/danza. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de febreiro de 2019 ás 00:19 (UTC)[responder]