Pucho Boedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pucho Boedo
Nome completoJosé Boedo Núñez
AliasPucho Boedo
Data nacemento4 de xaneiro de 1929
Nado enA Silva
Falecemento26 de xaneiro de 1986
 A Coruña
Soterradocemiterio de Santo Amaro da Coruña
IrmánsJosé Antonio Boedo Núñez
OcupaciónCantante
XéneroFolk, pop
Instrumento(s)Voz
Selo(s) discográfico(s)Bel-Air (1962)[1]
Zafiro (1964)
Marfer (1974)
Ruada (1984)[2]
Relacionado conLos Trovadores
Los Satélites
Los Tamara
Tempo en activo1948–1985
Na rede
Musicbrainz: 1e2b195f-6f2c-4c71-8598-4cfb870e355b Discogs: 4706031 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

José Boedo Núñez, coñecido como Pucho Boedo, nado na Coruña o 4 de xaneiro de 1929 e finado na mesma cidade o 26 de xaneiro de 1986, foi un cantante e compositor galego, considerado un mito da canción galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na aldea da Silva en 1929,[1] fillo de José Boedo, membro da CNT asasinado en 1936. Un ano despois, o seu irmán José Antonio foi tamén fusilado. Outro irmán, Manuel, con só dezaseis anos, conseguiu fuxir. Anos despois, lograrían reencontrarse.

A finais da década de 1940 comezou a cantar Radio Juventud no Kiosco Alfonso. Gañou un concurso e foi fichado pola orquestra Los Trovadores de Alfonso Saavedra. Fíxose profesional primeiro con este grupo e despois con Los Satélites. Con eles viaxou a Venezuela, a primeira orquestra galega que cruzaba o Atlántico. Los Satélites trouxeron de América aos campos da festa a música tropical, vinte anos antes de que en Nova York se inventase a palabra salsa. Pucho, porén, ficou en Venezuela.

Popularidade[editar | editar a fonte]

Pucho volveu para xuntarse de novo con Los Trovadores, quen tocaban en Madrid no inverno. Con eles gravou os primeiros discos. Fíxose popular a partir da súa incorporación a Los Tamara en 1959, chamado por Prudencio Romo. Cantou boleros, rancheiras, xotas, tangos, canción italiana e merengues. Actuou no Teatro Olympia de París, no que compartiu cartaz con Charles Aznavour e Jacques Brel. En Suíza, entre as comunidades de emigrantes, a súa voz protagonizou o renacemento da canción en galego, unha lingua prohibida polo franquismo.[3]

Musicou versos de Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro. Deixou Los Tamara en 1976 por problemas de saúde e non volvería cantar até 1982, cando comezou a súa carreira en solitario.

Morte[editar | editar a fonte]

Faleceu na noite do 26 de xaneiro de 1986 na súa casa da Coruña, por mor dun fallo cardíaco.[4] Está enterrado no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.[5]

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Los Tamara[editar | editar a fonte]

En solitario[editar | editar a fonte]

Filmografía relacionada[editar | editar a fonte]

Homenaxe a Pucho Boedo na Cidade Vella da Coruña.

Paco Lodeiro produciu un documental, conxuntamente con Xurxo Souto, Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo[6] e un disco sobre a súa figura, Sempre Pucho[7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Veinticinco aniversario de la muerte de Pucho Boedo. elcorreogallego.es". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2013. 
  2. Pucho Boedo El crooner infinito. lafonoteca
  3. Un crooner na fin do mundo
  4. "José 'Pucho' Boedo, cantante y compositor". El País (en castelán). 28 de xaneiro de 1986. 
  5. Na tumba número 885: Ventureira, Rubén, ed. (2012). O cemiterio de Santo Amaro (PDF). Concello da Coruña. Consultado o 12 de outubro de 2015. 
  6. Ficha en Culturagalega.org
  7. "Ficha do CD". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2009. Consultado o 31 de agosto de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]