John Coltrane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coltrane, 1963
A casa de John Coltrane en Filadelfia

John William Coltrane, nado o 23 de setembro de 1926 e finado o 17 de xullo de 1967, de alcume Trane, foi un saxofonista e compositor de jazz estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que existen gravacións súas dende 1946, a carreira discográfica de Coltrane non comezou ata 1955. De 1957 en adiante gravou e produciu ducias de álbunes, moitos deles non editados até anos despois da súa morte.

Foi un dos músicos máis influentes da historia do jazz. Reformulou o jazz moderno e foi a principal influencia das sucesivas xeracións de saxofonistas. Xunto cos saxofonistas tenores Coleman Hawkins, Lester Young e Sonny Rollins, alterou fondamente a linguaxe do instrumento.