Los Tamara
| Los Tamara | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Noia, |
| Período | 1958 - 1976 |
| Xénero(s) | Pop |
| Selo(s) discográfico(s) | |
| Membros | Pucho Boedo voz Sito Sedes voz Enrique Paisal Rego teclados Antonio Vazquez saxo Prudencio Romo guitarra Alberte Romo guitarra Quique Alvarado baixo Antonio Cruz batería |
| Antigos membros | |
| Web oficial | |
Los Tamara foron unha banda de pop formada en Noia que foi enormemente popular nos anos 60 e 70, facendo unha nova forma de música popular galega, incluindo novas influencias do Soul e o Rock, arranxos audaces e moitas letras en galego, incluindo poemas dos grandes escritores na nosa lingua.
Índice |
[editar] Traxectoria
A banda foi formada en 1958 por Prudencio Romo, seu irmán Alberte, Manolo Paz, Xosé Sarmiento (guitarra e clarinete), Germán Olariaga (Violinista e cantante), e Enrique Paisal, aproveitando unhas vacacións de Semana Santa. En 1961 uníuselles o que sería o seu líder carismático: o cantante coruñés Pucho Boedo.
En palabras de Prudencio:
A historia do nome foi desvelada nunha entrevista nos 60:
E de aí veu o nome, antiga denominación do Tambre, o río que pasa por Noia. O nome recordábao Prudencio Romo de cando cursaba estudios no Instituto de Noia (situado onde hoxe están os xulgados). Alí había un mapa antigo de Galicia. Nel aparecía o río Tambre, pero alí non poñía río Tambre, senón río Tamara. Prudencio preguntoulle a un dos seus profesores a que era debido e este explicoulle que antigamente se chamaba así porque atravesaba territorios dos antigos condes de Trastamara (ainda que a orixe do nome é anterior, o rio xa se chamaba asi en época romana).
Tras uns comezos locais e unha primeira actuación en televisión en 1958, comezaron unha xira que os levou por todo o Magreb: Tocaron no casino de Marrakech, no Negresco e tamén no Casino en Casablanca asi como en Tánxer en 1959 e en Orán en 1960. Esta xira tiveron que abandonala repentinamente en Arxelia, cando estoupou a Guerra da Independencia, de onde tiveron que saír nun avión da Cruz Vermella que ía a Marsella. As viaxes leváronnos até o Olympia de París onde actuaron durante dous meses en 1960, fazaña inédita nun grupo peninsular. O carismático cantante Pucho Boedo entrou no grupo de casualidade no ano 1961. Estando en Francia, o cantante que tiñan ata entón, Germán, que tamén era de Noia (ao igual que Prudencio) namorouse perdidamente e marchou cunha rapaza para Córsega da noite para a mañá, abandonando o grupo. Entón Prudencio chamou ao seu amigo Pucho, que se atopaba en Madrid (en concreto no salón de té Casablanca), para ver se el podía axudalos. Foi entón cando Pucho se uníu ao grupo.
Gravaron o seu primeiro EP en 1962 no selo francés Bel-Air. No 64 cantaron por vez primeira en galego Galicia, terra nosa, iniciando un estilo popular enraizado na música e, sobre todo, na poesía galega, que lles daría grandes éxitos nos setenta, xunto coas súas versións dos temas mais dispares, desde Aznavour, Mikis Theodorakis e o seu Zorba el griego, Otis Redding, ata James Brown e o seu I Got You (I Feel Good), que eles publicaron en single co título de Soy muy feliz na cara B do famoso tema A Santiago voy (1967) , e mesmo o clásico popular grego Misirlou, do que en 1994 Quentin Tarantino incluiu a versión de Dick Dale no seu filme Pulp Fiction.
Paco Montero entrou a formar parte da banda en 1975, e a partires de 1976 sustituiu a Pucho como cantante, continuando co grupo cunha nova formación e gravando varios LPs (un deles acompañado polo propio Pucho).
Os integrantes orixinais xa só se reunirán despois da morte de Pucho para gravar en 1990 o disco homenaxe: Carta A Un Amigo con Sito Sedes na voz. A iniciativa do IGAEM, volveron con esta formación en 2002 co CD Agora é Sempre.
[editar] Discos
[editar] Sinxelos
- El amor / Galicia terra nosa 7" ZAFIRO 64
- Tú me haces mal / Pecadora 7" ZAFIRO 65
- Venecia sin ti / Con el corazón 7" ZAFIRO 65
- Muñeca rota / La primera vez 7" ZAFIRO 65
- Zorba el griego / El mundo 7" ZAFIRO 65
- La otra madre / Misirlou 7" ZAFIRO 65
- La vida es así / A la buena de Dios 7" ZAFIRO 66
- A Santiago voy / Soy muy feliz 7" ZAFIRO 67
- Pastores cantaille a´o neno / Os anxeliños do ceo 7" ZAFIRO 67
- Estoy de Rodríguez / Perdona 7" ZAFIRO 67
- El hombre del tiempo / El afilador 7" ZAFIRO 68
- Mi tierra gallega / Aves del prado 7" ZAFIRO 68
- Puerto de Compostela / Emigrado 7" ZAFIRO 69
- Bahía de Montego / Esa luna plateada 7" ZAFIRO 71
- As tres cousas / A sardiñada 7" Marbella 72
- Me gusta el flamenco / Los muchachos 7" MARFER 72
- Luna caprese / Volverá 7" MARFER 76
- De Santiago vengo / Toda una vida. 7" MARFER 77
[editar] EPs
- Esperanza (Bel Air, 1962)
- El Chipi-chipi (Bel Air, 1962)
- Twist, twist (Bel Air, 1962)
- Volver a ti (Bel Air, 1963)
- Todo ya pasó (Bel Air, 1963)
- Alla,Alla, Galicia terra nosa / El amor, Mashed potato time (Zafiro, 1964)
- La mamma, Chin-chin, Si yo tuviera un martillo, América (Zafiro, 1964)
- Y por tanto (Zafiro, 1964)
- Venecia sin ti (Zafiro, 1965)
- Tú me haces mal (Zafiro, 1965)
- Zorba el griego (Zafiro, 1965)
- Gracias, gracias (Zafiro, 1966)
- Yo escuché el mar (Zafiro, 1967)
[editar] LPs
- Na fermosa Galicia (Zafiro, 1970)
- Galicia terra verde (Marfer, 1974), con poemas de Rosalía,
- De Santiago vengo, al mundo voy (Marfer,1972)
- Canciones de Oro (Marfer 1974), con poemas de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro
- Homenaxe a Pucho Boedo. Galicia terra nosa (Ruada, 1980)
[editar] CDs
- Carta A Un Amigo (1990)
- 14 éxitos de d´oro (Doblón, 1991)
- Agora é Sempre (Igaem 2002)
- Todos sus EP’s 1962-1967 (Rama Lama, Recopilatorio publicado en 2004)