Software de edición de son

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O software de edición de son é calquera software ou programa informático que permite editar e xerar datos de son.[1] O software de edición de son pódese implementar total ou parcialmente como unha biblioteca, como unha aplicación informática, como unha aplicación web ou como un módulo cargable do núcleo. Os editores de ondas son editores de son dixital. Hai moitas referencias de software dispoñibles para realizar esta función. A maioría pode editar música, aplicar efectos e filtros e axustar canles estéreo.

As estacións de traballo de son dixital (digital audio staion, DAW)[2] constan de software en gran medida, e normalmente están compostas por moitos compoñentes distintos de paquetes de software, a través dunha interface gráfica de usuario unificada usando GTK, Qt ou outra biblioteca para os widgets GUI. Os DAWs úsanse para gravar ou producir música, efectos de son e moito máis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "What is Audio Editing?". audioshapers.com. Consultado o 2023. 
  2. "What are digital audio workstations (DAW)?". recordingconnection.com. Arquivado dende o orixinal o 2021. Consultado o 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]