John Cage
John Cage (Os Ánxeles, 5 de setembro 1912 — Nova York, 12 de agosto 1992). Compositor e instrumentista estadounidense.
Estudou xunto aos compositores estadounidenses Henry Cowell e Adolph Weiss e revolucionou a música contemporánea dotándoa dunha linguaxe caótica, continuando a traxectoria de Edgar Varèse e Charles Ives. Unha das súas influencias foi o Zen, o cal conduciulle no referente á musica a usar silencios interminables, sons desconectados, casuais e atonales cun volume, duración e timbre aleatorios. A pesar do controvertido da súa obra, non se pode negar que se trata dun dos creadores máis revolucionarios e influentes dos últimos tempos.
En ocasións deixaba que o azar elixise as súas composicións. Por exemplo, chegou a usar un método segundo o cal perforábase unha folla de papel nos lugares nos que se atopaba algunha imperfección, para logo mediante un papel transparente ía calcando estas marcas sobre un pentagrama.
Xa na década dos 30 comezou os seus primeiros traballos demostrando talento para ritmos imposibles e invencións como o seu sistema de vinte e cinco tons. Usou distorsións para os seus [instrumentos chegando a declarar: "Creo que o uso de ruídos na composición musical irá en aumento ata que cheguemos a unha música producida mediante instrumentos eléctricos, que porá á disposición da música calquera son e todos os sons que o oído poida percibir. Explóranse os medios fotoeléctricos, o filme e diversas mecanismos para a produción de música". Durante os últimos anos desta década Cage inventou o piano preparado, ao cal inseriulle no encordado unha serie de parafusos, porcas e anacos de goma e madeira que dotaban ao instrumento dunha variedade nova de posibilidades sonoras. Seguramente a composición máis innovadora de entre as que compuxo para este piano preparado é unha unha suite que dura 69 minutos chamada Sonatas and Interludes (1946-1948).
Cage usaba o termo "música non-intencional" para algunhas das súas obras. Un exemplo é 4'33" (1952), cuxa partitura especifica que o intérprete non executará son algún no seu instrumento durante os 4 minutos e 33 segundos que dura a obra. A primeira interpretación da mesma foi a cargo do pianista David Tudor.
En 1989 foi galardoado co Premio Kyoto (Premio da Fundacion Inamori, Kyoto).
[editar] Ligazóns externas
- John Cage's Europeras (en inglés)
- John Cage en La Casa Encendida (en español)
- John Cage, el orden en el público aleatorio (en español)
[editar] Para escoitar
- Epitonic.com: John Cage con pezas extraídas de Daughters of the Lonesome Isle
- 4'33" (interpretado polo persoal de The Guardian)
- Other Minds Archive: John Cage entrevistado por Jonathan Cott (streaming audio)
- Other Minds Archive: John Cage y David Tudor en concierto, The San Francisco Museum of Art (January 16, 1965) (streaming audio)
- Suite for Toy Piano (1948) interpretada por Margaret Leng Tan, Other Minds Music Festival 1999, Cowell Theater, San Francisco.
- Art of the States: John Cage tres traballos do compositor
- 4:33 en dictionaraoke.org
- 4'33" and Sonatas and Interludes for prepared piano interpretado por James Tenney en SASSAS sound. (streaming quicktime)