Comarca da Terra de Lemos
| Comarca da Terra de Lemos | |
|---|---|
| Provincia | Provincia de Lugo |
| Capital | Monforte de Lemos |
| Área | 940,4 km² |
| Poboación | 33.893 hab. |
| Densidade | 36,04 hab./km² |
| Concellos | O Saviñao |
A Terra de Lemos é unha comarca situada ó sur da provincia de Lugo e a súa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado. A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.
Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.
A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.
Índice |
[editar] Xeografía
A Terra de Lemos sitúase xeograficamente no sur da provincia de Lugo. Caracterízase polo gran val situado no centro da mesma, o Val de Lemos. Este val contrasta coas altas montañas sitas ó leste da comarca pertencentes a Serra do Courel e que serven de fronteira coa comarca de Quiroga xunto co río Lor. No sur, o río Sil marca a fronteira coa provincia de Ourense, igual que o río Miño no oeste coa comarca de Chantada.
[editar] Ríos
Os ríos da comarca pertencen ás cuncas hidrográficas dos dous ríos limítrofes da comarca e á súa vez os máis importantes, ás cuncas do Miño e do Sil. O río máis importante da comarca é o río Cabe, que nace no concello do Incio. Este río que desemboca no Sil era moi importante xa na época romana, cando se abastecían e sacaban ouro deste río. En Monforte consérvase unha ponte romana sobre este río, unha das características máis destacadas da capital. Tamén son importantes os ríos Mao, principal afluente do Cabe, e o río Lor, que fai de fronteira entre as comarcas de Quiroga e Terra de Lemos, afluente do Sil.
[editar] Montañas
Os principais sistemas montañosos sitúanse no leste, na Serra do Courel, entre Bóveda e O Saviñao, no sudoeste de Pantón e no sur. Cabe destacar as seguintes montañas que superan os 1000m de altitude e están sitas na Serra do Courel, no concello da Pobra do Brollón:
- Alto da Veneira (1.164 m.)
- Alto da Serra (1.137 m.)
- Chao das Lagas (1.060 m.)
- Alto da Chá (1.021 m.)
[editar] Clima
O clima desta comarca é oceánico con tendencias continentais e ten fortes contrastes. Os invernos son longos, húmidos e con xeadas moderadas. As temperaturas chegan a valores por baixo dos -5º e as néboas están presentes regularmente. Os veráns son calorosos e secos, con noites frescas. No verán chéganse a superar temperaturas máximas de 40º, puntualmente; e algunhas noites quedan preto dos 5º.
[editar] Poboación
A poboación era, en 2007, de 33.839 habitantes distribuídos así:
| Concello | Habitantes |
|---|---|
| 19.311 | |
| 4.681 | |
| 3.073 | |
| 2.836 | |
| 2.201 | |
| 1.737 |
[editar] Localidades máis poboadas
En 2010 as entidades poboacionais máis poboadas eran:
- Monforte de Lemos: 16.630 hab.
- Escairón: 899 hab.
- O Castro de Ferreira: 429 hab.
- Bóveda: 349 hab.
- Rubián: 325 hab.
- Sober: 312 hab.
- A Pobra do Brollón: 238 hab.
- Toiriz: 204 hab.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca da Terra de Lemos
[editar] Comunicacións
A comarca da Terra de Lemos une as estradas e liñas de ferrocarril procedentes da Coruña e Lugo, Ourense e Vigo, e Ponferrada, sendo un gran centro de comunicacións. A estación de ferrocarril de Monforte de Lemos é a máis importante da provincia.
[editar] Principais estradas
- A estrada N-120 Vigo-Logroño.
- A estrada LU-546 Lugo-Sarria-Monforte de Lemos: liga coa N-120 en Monforte e coa A-6 en Lugo.
- O corredor CG-2.1 Lalín-Chantada-Monforte de Lemos: liga en Lalín coa autoestrada AP-53 Santiago de Compostela-Ourense.
- LU-652 Bóveda-A Estación: une as estradas N-120 e LU-546 sen pasar por Monforte de Lemos e facilitando os traxectos entre Lugo e Ponferrada.
- O corredor CG-2.2 entre Nadela e Sarria.
Está en proxecto a autovía A-76, que discorrerá paralela á N-120 e unirá Ourense con Ponferrada pasando por Monforte e dando acceso ao porto seco, actualmente en construción.
[editar] Ferrocarril
Na comarca conflúen dúas liñas de ferrocarril:
- A Coruña-Palencia, pasando por Monforte de Lemos.
- Vigo-Ourense-Monforte de Lemos.
Hai 7 estacións na comarca: Monforte de Lemos (presta servizo para pasaxeiros de longo percorrido e media distancia, e mercancías), A Pobra do Brollón, Canaval, Areas, Santo Estevo do Sil e San Pedro do Sil (prestan servizo para pasaxeiros de media distancia) e Rubián (só para mercancías).
[editar] Concellos
| Concellos da Comarca da Terra de Lemos | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
Bóveda |
Monforte de Lemos |
Pantón |
A Pobra do Brollón |
O Saviñao |
Sober |
|
[editar] Véxase tamén
|
|||||