Charlotte, Carolina do Norte
|
|||||
| City of Charlotte | |||||
|---|---|---|---|---|---|
Charlotte |
|||||
| Alcume | The Queen City | ||||
| Lema | Semper Vigilans | ||||
| Información | |||||
| País | |||||
| Estado | |||||
| Fundación | 1755 | ||||
| Superficie • Total |
629 km² |
||||
| Poboación • Total • Posto • Área metropolitana |
716.874 (2009) 17º 1.725.759 |
||||
| Densidade | 971,3 hab./km² | ||||
| Altitude | 229 m | ||||
| Alcalde | Anthony Foxx (D) | ||||
| Páxina oficial | |||||
Charlotte é a cidade máis grande de Carolina do Norte nos Estados Unidos. Situada no piemonte dos Apalaches, ó leste do val do río Catawba xunto a fronteira con Carolina do Sur. Importante nó de comunicacións, hoxe constitúe o centro fabril, comercial e financeiro dá ampla rexión que a circunda entre Washington, D.C. e Atlanta. Charlotte é coñecida como un centro financeiro, xa que dous dos bancos máis grandes de Estados Unidos (Wachovia & BankAmerica) teñen a súa sede corporativa na cidade.
Índice |
Xeografía [editar]
De acordo coa Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten un área de 629 km², dos cales 627,5 km² son terreos sólidos e os restantes 1,6 km², auga (0,25%).
Clima [editar]
Está situada na zona de clima húmido subtropical. Ten invernos moderados e veráns quentes e húmidos. Durante o mes de xaneiro, as temperaturas mínimas polas mañás son, de media, 0 °C e as medias máximas son 11 °C. En xullo, as medias oscilan entre 22 e 32 °C. Recibe uns 1.105 mm de choiva ao ano.
Historia [editar]
En 1755, na intersección de dous sendeiros comerciais indios ao pé dos Apalaches preto do río Catawba, Thomas Polk construíu a súa casa. A ruta NL-SO era parte ademais da Great Wagon Road, principal comunicación do tempo entre Pennsylvania e as Carolinas. Cos anos convirtíuse na rúa Tryon e a SL-NO na rúa Trade, configurando no cruceiro The Square (Independence Square), o centro da actual cidade. Foi en 1770 cando deseñouse a cuadrícula de desenrolo sobor de eses eixos da poboación que, dous anos antes en 1768, había sido nomeada coma Charlotte (en honor da raíña consorte de Xurxo III) [1][2]. Ese cruce das dúas rúas configuraba catro cuadrantes, catro distritos ou wards, que ata hoxe articulan o uptown da cidade [3].
Permaneceu dentro dos límites da cuadrícula inicial coma pequena vila, centro dunha área eminentemente rural, ata mediados do século XIX. E mesmo despois da Guerra Civil, cun gran crecemento coma centro ferroviario e de procesamento do algodón, soamente acadaba os 7.000h en 1880 e 18.000h en 1900 [4][5].
O crecemento continuou de maneira lenta e progresiva durante a primeira metade do século XX [6], pero o verdadeiro salto de Charlotte para se converteres na metrópole da rexión entre Washington e Atlanta (Carolina), veu da man da súa conversión en centro bancario a nivel nacional nos anos setenta e oitenta [7].
Área metropolitana [editar]
A poboación de Charlotte é de 594.359 habitantes, de acordo cun estimado do censo estadounidense do 2004. A zona metropolitana de Charlotte-Gastonia-Salisbury está composta dos condados de Mecklenburg, Gaston, Lincoln, Cabarrus, Union, Iredell, Cleveland, Anson, Rowan e Stanly en Carolina do Norte. Cruza a fronteira estatal chegando a Carolina do Sur cos condados de York, Lancaster e Chester. A poboación da área metropolitana é de 1.897.034 habitantes (2004).
Demografía [editar]
En 2004, vivían en Charlotte 614.330 persoas, e 801.137 no conxunto do condado (Mecklenburg). A densidade de poboación de Charlotte é de 861,9 hab/km². A poboación na súa zona metropolitana segundo o censo do 2000 era de 1,5 millóns de habitantes. Segundo estudos, a poboación do condado de Mecklenburg para o 2010 alcanzará a cifra de 1 millón de habitantes.
Deporte [editar]
Charlotte estivo representada no baloncesto estadounidense polos Charlotte Hornets entre 1998 e 2002, e polos Charlotte Bobcats a partir de 2004. O equipo Carolina Panthers da National Football League ten sede en Charlotte. A cidade tamén está representada en divisións menores do fútbol asociación e o hockey sobre xeo.
Gran parte dos equipos do tres divisións nacionais da NASCAR teñen as súas bases a poucos quilómetros de Charlotte. O tres inclúen no seu calendario o óvalo de Charlotte Motor Speedway. Agora está a vivir en Charlotte o retirado loitador da WWE Ric Flair.
Cidades irmáns [editar]
Charlotte ten nove cidades irmáns:
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Nova York Os Ánxeles Chicago |
||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Nova York | Nova York | 8.274.527 | 11 | Detroit | Michigan | 916.952 | |||
| 2 | Os Ánxeles | California | 3.834.340 | 12 | Jacksonville | Florida | 805.605 | |||
| 3 | Chicago | Illinois | 2.836.658 | 13 | San Francisco | California | 799.183 | |||
| 4 | Houston | Texas | 2.208.180 | 14 | Indianapolis | Indiana | 795.458 | |||
| 5 | Phoenix | Arizona | 1.552.259 | 15 | Columbus | Ohio | 747.755 | |||
| 6 | Filadelfia | Pensilvania | 1.449.634 | 16 | Austin | Texas | 743.074 | |||
| 7 | San Antonio | Texas | 1.328.984 | 17 | Fort Worth | Texas | 681.818 | |||
| 8 | San Diego | California | 1.266.731 | 18 | Memphis | Tennessee | 674.028 | |||
| 9 | Dallas | Texas | 1.240.499 | 19 | Charlotte | Carolina do Norte | 671.588 | |||
| 10 | San Jose | California | 939.899 | 20 | Baltimore | Maryland | 637.455 | |||
| Datos do censo de 2007. Véxanse tamén as principais cidades segundo o censo de 2000 | ||||||||||
|
||||||||||||||