Castelo de San Felipe
| Castelo de San Felipe | |
|---|---|
| Concello: | Ferrol |
| Provincia: | A Coruña |
| Comunidade Autónoma: | Galicia |
| Estilo arquitectónico | |
| Estilo orixinario: | renacemento
(século XVI) |
| Estilo actual: | ?
(Século XVIII) |
| Estado actual: | Bo estado de conservación |
| Véxase tamén: Castelos de Galicia | |
O castelo de San Felipe foi unha das fortalezas máis importantes da ría de Ferrol, construído no século XVI. Xunto a este castelo na ría tamén se atopan o Castelo da Palma e o Castelo de San Martín, hoxe en día en ruínas, que conformaban en conxunto o escudo defensivo da ría. Este sistema foi mandado proxectar polo capitán xeneral do Reino de Galicia, o marqués de Cerralbo aos enxeñeiros Fratín, Spanochi e Muñíz.
Índice |
[editar] Situación
O castelo de San Felipe atópase na parroquia de Brión, no concello de Ferrol. Está á beira da ría, fronte con fronte co castelo da Palma.
[editar] Construción
No ano 1589 comézase a construción do castelo auspiciada por Filipe II, do que toma o seu nome, e é entre os anos 1731 e 1755 cando o enxeñeiro Francisco Montaigú se encarga de deseñar unha serie de reformas, entre as que destaca a construción dun hornabeque, e foso e o proxecto da porta principal.
O seu deseño está baseado nas ensinanzas técnicas de Vauban e na adaptación ao terreo sobre o que se asenta.
[editar] Función
A súa función consistía na defensa do porto de Ferrol apoiado polos castelos de San Martín e o de Nosa Señora da Palma, que se atopaba na beira oposta (a sur). Entre este último castelo e o castelo de San Felipe tendíase unha cadea en caso de ataque inimigo para evitalas entradas de navíos na ría.
O castelo facía o labor de gran fortificación que cubrise as as funcións de loxística e de coordinación da rede defensiva da ría.
[editar] Descrición e características
Baseado nas ideas de Vauban a súa forma ven dada, tanto pola canle de entrada marítima, como pola orografía do terreo e nela podemos apreciar unha xeometría bastante regular, có hornabeque como elemento central.
Montaigú deulle a súa forma de abano aberto con capacidade para máis de setenta canóns a rentes da ría, xunto a varios recintos graduados ata chegar a un gran hornabeque orientado cara o monte posterior. Laboruse en cantaría de excelente labra. As austeras portadas foron deseñadas polo enxeñeiro La Ferrière.
Posuía unha planta en punta de frecha, dirixindo cara ó mar unha dobre liña de fogo organizada en dous pisos contando cun total de cen bocas do fogo; e proxectando cara a súa fronte de terra o gran hornabeque.
Un dos defectos deste baluarte é que estaba dominado polas alturas circundantes o que o facía parcialmente vulnerable ante un ataque terrestre.
[editar] Historia
As orixes da fortificación de San Felipe remóntanse ao século XVI, en plena loita pola hexemonía marítima dos países europeos. Ferrol, como punto estratéxico para o aprovisionamento dos buques da Armada Real, necesitaba dun sistema defensivo eficaz fronte ás pretensións dos almirantes ingleses e franceses. Así no el ano 1589 comézase a construción deste baluarte e de outros dous, o da Palma e o de San Martín.
En 1588, debido a unha treboada, parte das naves que formaban a Gran Armada de Filipe II buscou refuxio na ría de Ferrol. En 1594 a armada inglesa intentou apoderarse de Ferrol fracasando no intento, ó igual que en 1639 durante o ataque do exercito francés ao mando do almirante Henri D'Escobleau cando os tres fortes demostraron a súa eficacia.
No ano 1656, segundo informes militares da época da fortaleza quedaba "... la puerta caída... y sin defensa ninguna por estar debajo de un monte que a pedradas puede echar la gente...".
O 25 de agosto de 1800 ten lugar un intento de apoderarse de Ferrol e destruír os estaleiros por parte dunha armada inglesa, que se dirixía a Exipto para loitar contra Napoleón, durante a Batalla de Doniños ou Batalla de Brión, con máis de cen barcos e 15.000 homes, mandados polo contraalmirante Warren, que tras enviar tres oleadas contra o forte, que foron sucesivamente vencidas grazas a axuda dada dende o forte da Palma e das canoneiras situadas na ría o que obrigou ás tropas británicas a reembarcar, deixando máis dun millar de baixas nos intentos. Trala derrota inglesa, Napoleón celebrouno ca frase: "polos valentes ferroláns".
En 1809 ocorreu a ocupación francesa pero esta solo durou un mes.
Durante a guerra civil española funcionou como prisión militar, e nela leváronse a cabo fusilamentos de presos militares. En xaneiro de 1938 foron mortos Amada García Rodríguez, Juan José Teixeiro Leira, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi e Antonio Eitor Cañiza de Mugardos, Ramón Rodríguez López e Jaime González Pérez de Ares e Germán López García de Cabanas.
[editar] Protección
Baixo a protección da Declaración xenérica do Decreto de 22 de abril de 1949, e a Lei 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico Español.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes do Castelo de San Felipe.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
| Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- http://www.castillosnet.org/lacoruna/C-CAS-001.shtml
- http://www.google.es/search?q=Castillo+de+San+Felipe+Ferrol&hl=es&lr=&client=firefox-a&rls=org.mozilla:es-ES:official&start=30&sa=N
- http://journals.cambridge.org/fulltext_content/supplementary/UHY/supp1/esp/PI/Etapa1/IC1-5.html
- http://es.viajes.yahoo.com/p-guia_viaje-1193448-castillo_de_san_felipe_ferrol-i
|
|||||