Exposición Nacional da Construción Naval

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°28′55″N 8°13′54″O / 43.4819199, -8.23169

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía
Entrada a Exponav
PaísGalicia
CidadeFerrol
TipoNaval, tecnolóxico
Inauguración10 de marzo de 2008
Superficie4000 m2
Na rede
http://www.exponav.org/
editar datos en Wikidata ]

A Exposición Nacional da Construción Naval, tamén coñecida como Exponav, é un museo marítimo de Ferrol, adicado á historia da construción naval. Foi inaugurado o 10 de marzo de 2008, e está situado na base naval da cidade departamental.

Características[editar | editar a fonte]

O proxecto naceu dunha iniciativa conxunta da Armada Española e a Asociación de Enxeñeiros Navais de España. Contou coa colaboración de entidades como o Ministerio de Fomento, a Consellería de Industria e de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o concello de Ferrol, a autoridade Portuaria de Ferrol, o campus universitario de Ferrol (Universidade da Coruña) ou Navantia. É unha mostra técnica dirixida tanto ás persoas especializadas no campo da construción e enxeñaría naval, como ao público en xeral.

A apertura do museo culminou a restauración do edificio de Ferreirías, dirixida polo arquitecto Font. A exposición foi comisariada polo contralmirante enxeñeiro da armada José Castro Luaces.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]