Antonio Eytor Canizo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1881 Mugardos, España |
Morte | 27 de xaneiro de 1938 (56/57 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | carpinteiro , político |
Antonio Eytor Canizo, nado en Mugardos en 1881 e finado en Ferrol o 27 de xaneiro de 1938, foi un carpinteiro e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estivo emigrado en Cuba, onde foi vicesecretario da delegación de Guanajay do Centro Gallego de La Habana.[1] Regresou a Mugardos en 1913. Durante a Segunda República Española foi concelleiro de Mugardos por Izquierda Republicana. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido e procesado. Xulgado por un tribunal militar en Ferrol os días 1, 2 e 3 de decembro de 1937 acusado de rebelión polos sucesos do pazo do Piñeiro,[2][3] foi condenado a pena de morte. Foi executado no castelo de San Filipe o 27 de xaneiro de 1938 canda Amada García, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi e Juan José Teijeiro Leira de Mugardos; Jaime González Pérez e Ramón Rodríguez López de Ares; e Germán López García de Cabanas.[4] Abríronlle expediente de responsabilidade civil en xuño de 1938.[5]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Avelina Cudilleiro.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Sanfiz, Henrique (1998). "Os sucesos do Pazo do Piñeiro en 1936". Ferrol Análisis (12): 116–119.
- Arquivo Intermedio Militar do Noroeste, causa 379.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Antonio Eytor Canizo na páxina web Nomes e Voces.
- O Pazo do Piñeiro como excusa