Medusa (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medusa de Caravaggio (1595).

Na mitoloxía grega, Medusa ("gardiana, protectora") era un monstro, unha gorgona, xeralmente descrita como unha muller con cobras velenosas no canto do cabelo. Ollar directamente a ela convertía á xente en pedra. Varias fontes descríbena como filla de Forcis e Ceto,[1] mais o autor Hixino (Fabulae, 151) interpón unha xeración e dá a Medusa outro par de pais ctónicos.

Medusa foi decapitada polo heroe Perseo, que posteriormente usou a súa testa como unha arma[2] ata que lla deu á deusa Atenea para que a puxese no seu escudo. Na antigüidade clásica, a imaxe da cabeza de Medusa aparecía no obxecto protector do mal coñecido como Gorgoneion.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Servius, In Aeneida vi.289
  • Lucano, Bellum civile ix.624–684
  • Ovidio, Metamorphoses iv.774–785, 790–801