Dwingeloo 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dwingeloo 1
Imaxe infravermella de Dwingeloo 1 feita polo WISE
Descubrimento
Descubridor O equipo do proxecto
Dwingeloo Obscured Galaxy Survey (DOGS)
Data do descubrimento 1994
Tipo e posición
Época= X.2000
Tipo espiral barrada[1] SB(s)cd[2]
Constelación de Cassiopeia
Pertence ó Grupo Galáctico IC 342/Maffei
Ascensión recta 02h 56m 51.9s[2]
Declinación +58° 54′ 42″[2]
Características
Distancia ~ 10 MAl (~ 3 MPc)[1]
Corremento cara ó vermello ~0,001
Velocidade radial 110,3 ± 0,4 km/s[3]
Velocidade Galactocéntrica 257 km/s[3]
Tamaño angular 4,2′ × 0,34′[2]
Magnitude aparente 13,08 (banda-V)[4]
Outras designacións
LEDA 100170, CAS 2[2]

Dwingeloo 1 é unha galaxia en espiral barrada que está a 10 millóns anos luz de distancia da Terra,[1] na constelación de Cassiopeia. Atópase na Zona de Exclusión e polo tanto está fortemente escurecida pola Vía Láctea. As dimensións e a masa do Dwingeloo 1 son comparables ás da Galaxia de Triangulum.

Dwingeloo 1 ten dúas galaxias satélite máis pequenas: Dwingeloo 2 e MB 3, e é membro do IC 342/Grupo Maffei de galaxias.

Descubrimento[editar | editar a fonte]

A galaxia Dwingeloo 1 foi descuberta en 1994 polo Dwingeloo Obscured Survey Galaxy (DOGS), que buscou emisións de radio de hidróxeno neutro (HI) nunha lonxitude de onda de 21 cm entre os obxectos da Zona de Exclusión. Esta zona de gas e po do disco da Vía Láctea bloquea a luz das galaxias que están detrás dela.[5]

A galaxia foi, con todo, detectada por primeira vez coma un obxecto carente de importancia en placas tomadas dende observatorio Palomar Sky Survey a principios dese mesmo ano, pero a galaxia non foi recoñecida coma tal.[5] Tamén foi descuberta independentemente unhas semanas máis tarde por outro equipo de astrónomos que traballan co Effelsberg 100-m Radio Telescope.[6]

Tralo descubrimento, Dwingeloo 1 foi clasificada coma unha galaxia en espiral barrada. A distancia respecto do noso Sistema Solar estimouse en aproximadamente 3 MPc (megaparsecs). As súas dimensións globais e a súa masa é comparable á Galaxia de Triangulum.[5]

Dwingeloo 1 foi bautizada despois do que o radiotelescopio de 25m. situado nos Países Baixos fose utilizado na investigación do DOGS e de que detectara por primeira vez esta galaxia.[5]

Distancia e filiación[editar | editar a fonte]

Dwingeloo 1 é unha galaxia moi escura, que fai que a determinación da distancia sexa un problema difícil de solucionar. A estimación inicial realizada pouco despois do seu descubrimento e baseada na relación Tully-Fisher foi preto de 3 MPc.[5] Máis tarde esta estimación foi lixeiramente aumentada a 3,5-4 MPc.[7] En 1999, foi publicada outra estimación reivindicando unha distancia de máis de 5 MPc. Baseouse a relación de Tully-Fisher no infravermello.[8] Pero xa no 2011, pénsase que a distancia máis probable de Dwingeloo 1 debe ser aproximadamente de 3 MPc con base na súa probable filiación ó IC 342/Grupo Maffei .[1]

Dwingeloo 1 ten dúas galaxias satélite máis pequenas. A primeira, coñecida como Dwingeloo 2 é unha galaxia irregular,[3] e a segunda está catalogada coma MB 3 e podería ser unha galaxia anana esferoidal. Dwingeloo 1 é un membro do IC 342/Grupo Maffei de galaxias.[1]

Propiedades[editar | editar a fonte]

A galaxia en espiral barrada Dwingeloo 1 ten unha barra central e dous brazos en espiral ben definidos que comezan dende as puntas finais da barra central formando ambos brazos un ángulo moi semellante e movéndose en contra do sentido das agullas do reloxo. A lonxitude dos brazos soborda os 180°.[5] O disco da galaxia está inclinado cara ó observador cun ángulo de inclinación de 50°. A galaxia afástase da Vía Láctea a unha velocidade aproximada de 256 km/s.[7]

O raio visible Dwingeloo 1 é de preto de 4,2', este tamaño angular a unha distancia de 3 MPc correspondese con preto de 4 kpc de lonxitude que tería o raio da galaxia. O hidróxeno neutro é detectado ata unha distancia de 6 kpc (7,5') respecto do centro galáctico. A masa total da galaxia dentro do raio máis grande está estimada en 31.000 millóns de masas solares.[3] A masa total da galaxia é aproximadamente unha cuarta parte da que posúe a nosa Vía Láctea, dentro da distancia que abarcan eses 6 kpc.[3]

A distribución do hidróxeno neutro en Dwingeloo 1 é típico de galaxias en espirais barradas -é bastante plana cun mínimo no centro ou ao longo da barra. [3] A masa total do hidróxeno neutro está estimada en 370-450 millóns de masas solares.[5][6] Dwingeloo 1 é unha galaxia pobre en gas molecular. A masa total do hidróxeno molecular non excede do 10% da masa total que ten de hidróxeno neutro.[9] Observacións ópticas detectaron ó redor de 15 rexións H II situadas principalmente ó longo dos brazos en espiral.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Karachentsev, I. D. (2005). "The Local Group and Other Neighboring Galaxy Groups". The Astronomical Journal 129: 178. doi:10.1086/426368.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "NASA/IPAC Extragalactic Database". Results for Dwingeloo 1. Consultado o 21-11-2006. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Burton, W.B.; Verheijen, M. A. W.; Kraan-Korteweg, R. C.; Henning, P. A. (1996). "Neutral hydrogen in the nearby galaxies Dwingeloo 1 and Dwingeloo 2". Astronomy and Astrophysics 309: 687–701. Bibcode:1996A&A...309..687B.  arxiv:astro-ph/9511020
  4. Buta, R. J.; McCall, M. L. (1999). "The IC 342/Maffei Group Revealed". The Astrophysical Journal Supplement Series 124: 33. doi:10.1086/313255.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Kraan-Korteweg, R. C.; Loan, A. J.; Burton, W. B.; Lahav, O.; Ferguson, H. C.; Henning, P. A.; Lynden-Bell, D. (1994). "Discovery of a nearby spiral galaxy behind the Milky Way". Nature 372 (6501): 77. doi:10.1038/372077a0
  6. 6,0 6,1 Huchtmeier, W.K.; Lercher, G.; Seeberger, R.; Saurer, W.; Weinberger, R. (1995). "Two new possible members of the IC342-Maffei1/2 group of galaxies". Astronomy and Astrophysics 293L: L33–L36. Bibcode:1995A&A...293L..33H. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Loan, A.J.; Maddox, S. J.; Lahav, O.; et al. (1996). "Optical observations of Dwingeloo 1, a nearby barred spiral galaxy behind the Milky Way". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 280: 537–549. Bibcode:1996MNRAS.280..537L. 
  8. Ivanov, V. D.; Alonso-Herrero, A.; Rieke, M. J.; McCarthy, D. (1999). "An Infrared Determination of the Reddening and Distance to Dwingeloo 1". The Astronomical Journal 118 (2): 826. doi:10.1086/300986.
  9. Kuno, Nario; Vila-Vilaro, Baltasar; Nishiyama, Kohta (1996). "CO Observations of a Galaxy behind the Galactic Plane, Dwingeloo 1". Publ. of the Astronomical Society of Japan 48: 19–22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]