Confederación Intersindical Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CIG")
Edificio da CIG en Pontevedra

A Confederación Intersindical Galega (CIG) é un sindicato nacionalista galego formado a partir da unión da INTG e CXTG en abril de 1994. O seu primeiro secretario xeral foi Fernando Acuña. O actual secretario xeral é Suso Seixo.

Índice

[editar] Estrutura

A CIG está integrada por oito agrupacións comarcais (Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ferrol, Ourense, Lugo e A Mariña) e once federacións sectoriais ou de industria (Administración Pública; Alimentación e Textil; Banca, Aforro e Seguros; Construción e Madeira; Ensino; Mar; Metal; Químicas e Enerxía; Sanidade; Servizos; e Transporte e Comunicacións). Así mesmo, a central sindical conta con departamentos e secretarías específicas para temas como muller, pensionistas, mocidade, saúde laboral, inmigrantes e cooperación.

O seu Consello Federal é o máximo organismo entre congresos e consta de 100 membros.

[editar] Implantación

Esta organización sindical ten a consideración a efectos xurídicos de sindicato máis representativo a nivel galego ao ter máis do 15 % dos delegados de persoal e dos representantes dos traballadores nos comités de empresa, e nos órganos correspondentes das Administraciones Públicas, e contar con máis de 1.500 representantes. Obtivo nas eleccóns sindicais de 1990 en Galiza o 26,3% e máis de 4.000 dos delegados sindicais.[1]

A CIG supera hoxe en día os 60.000 afiliados, sendo o sindicato galego con máis afiliados.

Após as eleccións sindicais de 2007, a CIG viu de incrementar até en 1.000 os seus delegados convertindo ao sindicato nacionalista no segundo con máis delegados do país chegando aos 5.623, por diante de Comisións Obreiras, que obtivo 5.576, e a tan só 556 de UGT[2].

[editar] Galería de imaxes

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas