Conversa:Confederación Intersindical Galega
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta edición eliminou case tódala información do artigo pero tamén achegou algunha nova. Habería que intentar incorporar esa nova información no artigo actual. --Alberte Si, dígame? 22:47, 25 marzo 2010 (UTC)
O artigo ten moitas cuestións incorrectas, a achega realizada foi tirada directamente da páxina web da CIG. Mais vale eliminar totalmente un artigo incorrecto tirando información da fonte orixinal que manter un artigo moi incompleto e con incorrecións.
- A parte da cuestión do copyright (non se poden copiar textos doutras fontes na Wikipedia) está o tema de incluir a definición que dá de si mesma a formación, co cal se está caendo nun incumprimento do punto de vista neutral. A edición, pois, non é válida. --Alberte Si, dígame? 23:46, 25 marzo 2010 (UTC)
- Se cadra podo ver mañá de facer unha actualización dos datos en función dos engadidos que fixeras. --Alberte Si, dígame? 00:00, 26 marzo 2010 (UTC)