Suso Seixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSuso Seixo

Suso Seixo en 2010.
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Curtis, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Xesús Eladio Seixo Fernández[1], máis coñecido como Suso Seixo, nado en Curtis en 1952, é un sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entrevista en 2017.

Estudou bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, pero non demoraría en entrar no mundo sindical. A súa forte vinculación co mundo sindical comezou en 1978, como un dos membros fundadores da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG). Militou nesta organización até 1994, cando o sindicato se fusionou coa Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN), dando lugar á Confederación Intersindical Galega (CIG), episodio que se considera como a superación da ruptura que se produciu en 1985 no sindicalismo nacionalista [2].

Foi secretario xeral da CIG desde o ano 2001, sucedendo no cargo a Fernando Acuña, até o VII Congreso Confederal, celebrado en 2017 e no que foi relevado por Paulo Carril. Na actualidade, é o presidente [3] da Fundación Moncho Reboiras para o estudo e divulgación da realidade social e sindical na Galiza.

Dirixente da Unión do Povo Galego, é militante do Bloque Nacionalista Galego desde a súa fundación no 1982.

Suso Seixo


Precedido por
Fernando Acuña Rúa


Secretario Xeral
2001 - 2017
Sucedido  por
Paulo Carril

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Aposto por que haxa unha banca pública galega" Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine., entrevista en El Correo Gallego, 18 de xaneiro de 2010 Consultado o 8 de febreiro de 2010.
  2. "A liberación como obxectivo" Arquivado 19 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., artigo do sindicalista Manuel Mera publicado orixinalmente en GZ Nación. Consultado o 19 de xaneiro de 2018 no blog do autor.
  3. "Composición do padroado da Fundación Moncho Reboiras", Consultado o 19 de xaneiro de 2018.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]