Bazán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fragata Baleares. Construída en Ferrol na década dos 70

A Empresa Nacional Bazán foi unha sociedade estatal española creada en 1947 integrando estaleiros públicos dedicados á construción naval militar, cuxa denominación anterior era a de Sociedad Española de Construcción Naval. Como maior fito na historia destes estaleiros, está a entrega en 1988 á Armada Española do portaaeronaves Príncipe de Asturias.

No ano 2000 Bazán fusiónase con Estaleiros Españois (AESA), pasando a ser unha parte integrada no grupo IZAR. A partir de 2004 houbo outra reestruturación do sector, que deu lugar á formación do grupo Navantia.