Día da Clase Obreira Galega
O día da Clase Obreira Galega é unha celebración anual non festiva onde se lembra a morte de dous traballadores galegos en enfrontamento coa policía. É o 10 de marzo.
[editar] Historia
A súa orixe está no 10 de marzo de 1972, cando a policía franquista reprimiu unha protesta sindical nos estaleiros de Bazán, en Ferrol, e onde morreron dous responsables do comité ferrolán de Comisións Obreiras, Amador Rey e Daniel Niebla, e onde resultaron feridos ao redor de medio cento de manifestantes máis. Dende aquel ano, a data é aproveitada polas diferentes organizacións sindicais de Galiza para reclamaren melloras sociais e laborais.
No ano 1997, o Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade unha declaración institucional onde facía constar o especial significado do 10 de marzo, celebrado polas principais organizacións sindicais do país como Día da Clase Obreira Galega, especialmente por Comisións Obreiras pois foi o sindicato que pediu a declaración. A efeméride acadou rango oficial en 2006.