Bóvidos
| Bóvidos | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||
|
||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||
|
||||||||||
| Nome científico | ||||||||||
| Bovidae Gray, 1821 |
||||||||||
Os bóvidos (Bovidae) son unha familia de mamíferos artiodáctilos ruminantes que inclúe os toros, os antílopes, as ovellas, as cabras así como outros animais semellantes. Todos eles teñen como característica en común unha alimentación estritamente herbívora. Tanto as femias como os machos presentan unhas protuberancias óseas (cornos) na fronte. Os cornos non están ramificados, e normalmente son curvos ou retortos e a súa funda córnea nunca se muda.
En xeral, as súas especies habitan en climas moderados e tropicais. O seu desenvolvemento tivo lugar no Vello Mundo, onde aínda son numerosos, especialmente en África, e só unhas poucas easpecies penetraron en América.[1]
Os bóvidos máis grandes pueden chegar a pesar cerca de unha tonelada e ter unha altura de 2 m desde os pezuños até a cruz (bois, búfalos, bisontes); por outra parte os máis pequenos poden chegar a pesar só 3 kg e non ser máis grandes que un gato doméstico (dic-dics).
Algúns deles son macizos, pesados e musculosos (como o touro), mentres que outros poden ser áxiles, con patas finas e longas (como as gacelas). A maioría dos membros desta familia congréganse en grupos grandes con estruturas sociais moi complexas, pero existen casos nos que o seu comportamento non é gregario.[2]
Os bóvidos ocupan un amplo rango de climas e hábitats diferentes, podendo vivir en desertos, na tundra e en bosques tropicais.
Tal e como se mencionou son ruminantes, tendo o seu estómago policompartimentado; na etapa adulta teñen catro compartimentos gástricos ou estómagos (rume ou panza, retículo ou barrete, libro ou omaso e calleiro ou abomaso —que é o verdadeiro estómago, o que segrega o zume gástrico—). As diferentes funcións de cada compartimento abarcan todo o proceso de dixestión dos vexetais inxeridos, que poden ser forraxe (pasto) ou produtos agrícolas (palla, feo, alfalfa, etc.) no caso de seren animais domésticos.
Nas etapas infantís, os bóvidos só teñen desenvolvido o abomaso, e se alimentan unicamente de leite materno; nese momento non se os considera rumiantes. Aproximadamente aos tres meses de idade, segundo a especie, xa adolitan teren en funcionamiento as catro cavidades estomacais, pñolo que poden xa considerse ruminantes.
Índice |
Clasificación [editar]
Taxonomía [editar]
- Orde Artiodactyla Artiodáctilos
- Suborde Ruminantia Ruminantes
- Infraorde Pecora Pécoros
- Familia Bovidae Bóvidos
- Subfamilia Bovinae ((bovinos: bois, bisontes, búfalos, etc.)
- Subfamilia Cephalophinae (cefalofos —pequenos antílopes africanos—)
- Subfamília Hippotraginae (antílopes cabalo)
- Subfamília Antilopinae (antilopinos: gacelas, antílopes ananos e a saiga)
- Subfamília Caprinae (caprinos: cabras e ovellas)
- Subfamília Reducinae (redunca)
- Subfamília Aepycerotinae (impalas)
- Subfamília Peleinae
- Subfamília Acelaphinae (damaliscos, alcelafos e ñús)
- Subfamília Pantholophinae (chiru)
- Familia Bovidae Bóvidos
- Infraorde Pecora Pécoros
- Suborde Ruminantia Ruminantes
Algúns autores reducen o número de subfamilias. Segundo Mammal Species of the World a familia Bovidae está integrada polas seguintes:[3]
- Familia Bovidae
- Subfamilia Aepycerotinae
- Subfamilia Alcelaphinae
- Subfamilia Antilopinae
- Subfamilia Bovinae
- Subfamilia Caprinae
- Subfamilia Cephalophinae
- Subfamilia Hippotraginae
- Subfamilia Reduncinae
Cladograma [editar]
Un posíbel cladograma represéntase a continuación:[Cómpre referencia]
| Bovidae |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas [editar]
- ↑ Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, p. 441.
- ↑ Kowalski, Op. cit. pp. 441-445.
- ↑ Wilson, Don & Reeder, DeeAnn, eds. (2005): Mammal Species of the World (3ª edición). Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-0. [1]
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Janis, C. & Jarman, P. (1984): The Encyclopedia of Mammals. New York: Facts on File. pp. 498–499. ISBN 0-87196-871-1.
- Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 441-445.
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Bovidae en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. Ano 1914. Facsímil electrónico.
- Wilson and Reeder. Familia Bovidae (en inglés)
- http://en.wikisource.org/wiki/1911_Encyclop%C3%A6dia_Britannica/Bovidae 1911 Encyclopædia Britannica. Bovidae] (en inglés)