Bovinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bovinae»)
Bovinos
Bovinae
Touros, búfalos e afins

Rango fósil: mioceno - actualidade

Búfalos aficanos (Syncerus caffer) en Kenya
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Infraorde: Pecora
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Gray, 1821
Tribos
Nilgó (Boselaphus tragocamelus).

A dos bovinos (Bovinae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes pertenente á familia dos bóvidos.

Consta de 10 xéneros cunhas 25 especies,[1] distribuídas en tres tribos.

Aspectos xerais[editar | editar a fonte]

Os bovinos son ruminantes distribuídos por todos os continentes, e teñen unha enorme importancia económica como fonte de carne e leite para o home. Son ungulados de tamaño medio a grande, e inclúen o boi doméstico, os bisontes, os búfalos, o iac, os antílopes de catro cornos (boselafinos) e os de cornos espiralados (estrepsicerotinos), como os eláns.

As relacións evolutivas entre os membros do grupo son escuras, e a súa clasificación en tribos reflicte esta incerteza. As características xerais inclúen a presenza de cascos e xeralmente polo menos un dos sexos de cada especie teñen cornos "verdadeiros".

A tribo dos boselafinos (Boselaphini) ou antílopes de catro cornos inclúe os últimos sobreviventes con formas moi similares ás dos antepasados de toda a subfamília. As dúas especies actuais da tribo teñen características anatómicas e comportamentais semellantes e as femais non teñen cornos. Son nativos dos bosques da India ou das sabanas arbustivas e arboradas africanas, e tenden a evitar planicies abertas. O nilgó foi introducido no sur de Texas, onde unha poboación de pouco máis de dez mil animais proporciona algunha seguranza para a súa supervivencia.

A tribo dos bovininos (Bovini) está composta por grandes animais que pastan nas praderías, incluíndo animais de significativa importancia económica, como o gando doméstico, os búfalos, o iac, así como outros parentes asiáticos menores, e grandes bovinos salvaxes como o búfalo africano e o bisonte americano.

Os membros das tribos dos Boselaphini e dos Bovini son na súa maioría asiáticos, entanto que os membros da tribo dos Strepsicerotini, os antílopes de cornos espiralados, encóntranse soamente en África. Os membros deste grupo tenden a ter tamaño grande, pescozo longo e dimorfismo sexual considerábel. Sete das súas nove especies están clasificadas como de baixo risco, pero precisan medidas de conservación, mentres que as dúas restantes, o elán común ou do Cabo e o grande elán están seguros.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Bisonte americano (Bison bison) no Parque Nacional de Yellowstone.
Grande elán (Taurotragus derbianus).

Segundo Mammal Species of the World a subfamilia dos bovinos está integrada polos xéneros e especies que se listan a continuación.[2] Inclúese Bos gaurus recoñecido pola IUCN.[3][4]

Subfamilia Bovinae

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]