Moses Malone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moses Malone
Posición Pivote
Dorsal 2, 8, 20, 21, 24
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso 120 kg (260 lb)
Nacemento 23 de marzo de 1955 (59 anos)
Flag of Virginia.svg Petersburg, Virxinia
Carreira
Tempadas 19741995
NBA Draft 1976 / Rolda: 1 / Elección: 5
(Draft de dispersión da ABA)

Escollido por Portland Trail Blazers

Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     29 580
Rebotes     17 834
Asistencias     1 936
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Basketball Hall of Fame como xogador

Moses Eugene Malone, nado o 23 de marzo de 1955 en Petersburg, Virxinia, é un antigo xogador de baloncesto profesional estadounidense que actuou tanto na NBA como na ABA. Malone xogou 21 tempadas na NBA. Antes de retirarse do baloncesto, foi o último participante da ABA en xogar na NBA.

Instituto e ABA[editar | editar a fonte]

Malone graduouse no instituto de Petersburg, e de alí deu directamente o salto á ABA, sendo elixido por Utah Stars en 1974, tras asinar unha carta de intención para xogar na Universidade de Maryland. Foi o primeiro xogador de baloncesto en saltar do instituto a unha liga profesional. En dúas tempadas na ABA, Malone tivo unha media de 17,2 puntos e 13,9 rebotes por partido. Xogou con Utah Stars e Spirits of St. Louis.

Carreira NBA[editar | editar a fonte]

Tras a fusión da ABA coa NBA, Malone converteuse en xogador de Buffalo Braves, tras ser seleccionado por Portland Trail Blazers no draft de dispersión da ABA pero traspasado aos Braves tras iso. Despois dun curto período alí, foi enviado a Houston Rockets. Nesta franquía causou un impacto inmediato, axudándoa a converterse nunha das máis respectadas da liga tras disputar as finais da NBA en 1981, onde perderon en seis partidos contra os Celtics de Larry Bird. Malone fora nomeado MVP da tempada en dúas ocasións anteriormente, en 1978 e en 1979.

Salvador dos 76ers[editar | editar a fonte]

Tras facer 31 puntos por partido na tempada 1981-82, foi nomeado de novo MVP. Con todo, no verán foi traspasado a Philadelphia 76ers. Alí compartiu vestiario con Julius Erving, Maurice Cheeks e Bobby Jones, entre outros, e participou no único anel gañado pola franquía, en 1983, ante Los Angeles Lakers de Magic Johnson. Dous anos antes, os 76ers perderon ante os Lakers nas finais, e como o adestrador Billy Cunningham dixo: "A diferenza a partir do ano pasado era Moses". Malone foi tamén nomeado MVP das Finais. Antes de que os playoffs de 1983 desen comezo, Malone fixo a famosa predición caracterizada pola frase "fo 'fo' fo '" ("four, four, four", é dicir catro, catro, catro), aventurando que os Sixers varrerían en todas as eliminatorias. Con todo, Milwaukee Bucks foi o único equipo que conseguiu vencerlle un partido, nas Finais de Conferencia. Hoxe en día, o 12-1 de Philadelphia 76ers naqueles playoffs segue sendo unha das marcas máis dominantes nuns playoffs (os Lakers de 2001 conseguiron un 15-1 no formato ampliado de catro roldas de playoffs).

Anos post-campión[editar | editar a fonte]

Antes de comezar a tempada 1986-87, Malone foi traspasado a Washington Bullets, non sen antes xogar unha tempada xunto co lendario Charles Barkley. Durante as dúas tempadas que Malone estivo a xogar co equipo da capital, estes chegaron aos playoffs. As dúas tempadas seguintes xogaríaas en Atlanta xunto coa estrela Dominique Wilkins e o carismático Spud Webb, nun equipo adestrado por Mike Fratello. A partir da tempada 1990-91 até o verán de 1993, Milwaukee Bucks foi o equipo de Moses Malone. Durante un curto período, volveu vestir a camiseta dos 76ers, xogando con Manute Bol na que sería unha tempada infestada de lesións, a 1993-94. En 1994 foi enviado aos Spurs de David Robinson. A 1994-95 foi a súa última tempada na NBA. Durante o último partido da súa carreira, que lle enfrontou con Charlotte Hornets, anotou un triplo na bucina desde a liña de tiros libres do campo contrario, sendo este o seu oitavo tiro de tres anotado na súa extensa carreira. Tan só xogou 17 partidos con San Antonio, todos eles en novembro e decembro de 1994.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]