Wesley Matthews

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wesley Matthews
Atlanta Hawks – No. 32
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 14 de outubro de 1986 (37 anos)
San Antonio, Texas
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Información da carreira
Instituto James Madison Memorial
(Madison, Wisconsin)
Universidade Marquette (2005–2009)
NBA Draft 2009 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2009
Historial de equipos
Utah Jazz (2009–2010)
Portland Trail Blazers (2010–2015)
Dallas Mavericks (2015–2019)
New York Knicks (2019)
Indiana Pacers (2019)
Milwaukee Bucks (2019–2020)
Los Angeles Lakers (2020–2021)
Milwaukee Bucks (2021–2023)
Atlanta Hawks (2023–presente)

Wesley Joel Matthews Jr., nado o 14 de outubro de 1986 en San Antonio, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA). Con 1,96 metros de estatura xoga na posición de escolta.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2009, Matthews xogou cos Utah Jazz a Liga de Verán de Orlando, e cos Sacramento Kings a de Las Vegas. En setembro de 2009, asinou un contrato dun ano cos Jazz.

O 10 de xullo de 2010, Matthews asinou cos Portland Trail Blazers unha oferta por cinco anos e 34 millóns de dólares.[1] O 21 de xullo de 2010, Matthew asinou oficialmente o contrato despois de que os Jazz decidiran non igualar a oferta.[2]

O 9 de xullo de 2015, Matthew asinou un contrato de catro anos cos Dallas Mavericks.[3]

O 31 de xaneiro de 2019, Matthews foi traspasado xunto a DeAndre Jordan, Dennis Smith Jr. e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft ós New York Knicks, a cambio de Kristaps Porziņģis, Trey Burke, Courtney Lee e Tim Hardaway Jr..[4] O 7 de febreiro de 2019, foi cortado polos Knicks.[5]

O 10 de febreiro de 2019, Matthews asinou cos Indiana Pacers.[6]

O 1 de xuño de 2019, Matthews asinou un contrato dun ano cos Milwaukee Bucks.[7]

O 22 de novembro de 2020, Matthews asinou cos Los Angeles Lakers.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Trail Blazers sign free agent guard Wesley Matthews to 5-year, $34 million offer sheet". OregonLive.com. 10 de xullo de 2010. Consultado o 10 de xullo de 2010. 
  2. "Matthews signs with Trail Blazers". ESPN.com. 21 de xullo de 2010. Consultado o 21 de xullo de 2010. 
  3. "Dallas Mavericks sign guard Wesley Matthews". Mavs.com. 9 de xullo de 2015. Consultado o 9 de xullo de 2015. 
  4. "Mavericks acquire All-Star Kristaps Porzingis, Tim Hardaway Jr., Courtney Lee, and Trey Burke in trade with Knicks". Mavs.com. 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2019. 
  5. Knicks waive Wesley Matthews, Enes Kanter
  6. "Pacers Sign Wesley Matthews". NBA.com. 10 de febreiro de 2019. Consultado o 10 de febreiro de 2019. 
  7. "Bucks Sign Robin Lopez and Wes Matthews". NBA.com. 12 de xullo de 2019. Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  8. "Lakers Sign Wesley Matthews". NBA.com. 22 de novembro de 2020. Consultado o 22 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]