Ed Macauley
| Ed Macauley | |
|---|---|
| Posición | Pivot |
| Dorsal | 50, 20, 22 |
| Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
| Peso | 84 kg (185 lb) |
| Nacemento | 22 de marzo de 1928 (85 anos) |
| Carreira | |
| Tempadas | 1949–1959 |
| NBA Draft | 1949 / Elección: Territorial
Escollido por St. Louis Bombers |
| Universidade | St. Louis |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (NBA) | |
| Puntos | 11 234 |
| Rebotes | 4 325 |
| Asistencias | 2 079 |
| Stats @ Basketball-Reference.com | |
| Premios | |
|
|
| Basketball Hall of Fame como xogador | |
| Adestrador | |
Charles Edward "Ed" Macauley, nado o 22 de marzo de 1928 en St. Louis, Misuri, é un antigo xogador estadounidense de baloncesto profesional da NBA.
Índice |
Traxectoria [editar]
Comezos [editar]
Asistiu ao instituto e á Universidade de Saint Louis, onde o seu equipo gañou o campionato NIT en 1948. Foi nomeado "AP Xogador do Ano" en 1949.
Profesional [editar]
Foi elixido no Draft da BAA de 1949 por St. Louis Bombers como elección territorial, xogando ademais en Boston Celtics e St. Louis Hawks. Foi nomeado MVP do primeiro All-Star Game da historia da liga, e foi seleccionado no mellor quinteto do ano en tres ocasiones consecutivas. No segundo quinteto apareceu unha vez, na 1953-54, mesma tempada que liderou a NBA en porcentaxe de tiros de campo. O seu traspaso xunto con Cliff Fagan trouxo a Bill Russell a Boston Celtics. Macauley anotou 11.234 puntos en toda a súa carreira e entrou no Basketball Hall of Fame en 1960.