Maurice Cheeks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maurice Cheeks
Cheeks (dereita) co adestrador dos Thunder, Scott Brooks
Posición Base
Dorsal 10, 1
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso 82 kg (180 lb)
Nacemento 8 de setembro de 1956 (58 anos)
Flag of Illinois.svg Chicago, Illinois
Carreira
Tempadas 19781993
NBA Draft 1978 / Rolda: 2 / Elección: 36

Escollido por Philadelphia 76ers

Universidade West Texas A&M
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     12 195
Asistencias     7 392
Roubos     2 310
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Adestrador

Maurice Edward "Mo" Cheeks, nado o 8 de setembro de 1956 en Chicago, Illinois, é un ex-xogador americano de baloncesto profesional. Foi adestrador dos Detroit Pistons da National Basketball Association (NBA) do 10 de xuño de 2013 ata o 9 de febreiro de 2014. Antes diso, adestrou ós Philadelphia 76ers dende o 23 de maio de 2005 ata o 13 de decembro de 2008, e foi o adestrador dos Portland Trail Blazers dende o comezo da tempada 2001-02 ata o 2 de marzo de 2005.

Biografía[editar | editar a fonte]

Cheeks naceu en Chicago, asistiu ó DuSable High School, e á Universidade de West Texas State, de 1974 a 1978. Na súa carreira universitaria, acadou 16.8 puntos por partido e anotou un 57% dos seus tiros de campo. É o terceiro máximo anotador da historia da Universidade.

Despois da universidade, Cheeks foi seleccionado na 36ª posición do Draft da NBA de 1978 polos Philadelphia 76ers. Cheeks xogou 15 anos coma base na National Basketball Association (NBA), 11 deles nos 76ers. Xogou catro veces o NBA All-Star Game, e axudou aos 76ers a chegar a tres Finais da NBA nos anos 1980, 1982 e 1983, incluíndo un campionato en 1983. Era titular nuns Sixers que contaban con estrelas coma Julius Erving, Moses Malone, Andrew Toney ou Charles Barkley, e salientaba polas súas excelentes habilidades defensivas. Coma resultado diso, foi incluído catro anos seguidos no mellor equipo defensivo da NBA, entre 1983 e 1986, e no segundo mellor equipo defensivo no ano 1987.

Na historia da NBA, Cheeks está terceiro en roubos de balón e oitavo en asistencias. Cando se retirou no ano 1993, Cheeks era o líder de toda a historia en roubos e quinto en asistencias.[1] Acadou 11.7 puntos por partido, ademáis de 2 roubos por encontro.

Despois da súa retirada, Cheeks pasou un ano adestrando na Continental Basketball Association, antes de convertirse en adestrador asistente dos 76ers en 1994. Foi asistente de John Lucas (1994-96), Johnny Davis (1996-97), e Larry Brown, e foi unha parte fundamental do equipo de Philadelphia que chegou ás Finais da NBA en 2001. En 2001, foi contratado coma adestrador principal dos Portland Trail Blazers. Levou ao equipo a posicións de playoffs dúas veces en catro anos, pero non conseguiu pasar da primeira rolda. Foi despedido tras un comezo moi pobre na tempada 2004-05.

En 2005, Cheeks foi nomeado adestrador dos 76ers. Maurice Cheeks era popular entre os fans dos Sixers debido aos once anos que pasou coma xogador en Philadelphia, durante os cales gañou un campionato da NBA en 1983. A súa contratación foi tamén eloxiada pola estrela dos Sixers Allen Iverson, que traballou con Cheeks durante a súa etapa coma adestrador asistente dos Sixers.[2]

Con todo, non foi capaz de entrar en playoffs nas súas dúas primeiras tempadas. A frustración comezou a medrar nos xogadores máis veteráns coma Allen Iverson ou Chris Webber, que non estaban contentos coa dirección do equipo. Durante a tempada 2006-07, Iverson foi traspasado aos Denver Nuggets e Webber sería cortado máis tarde, deixando a Cheeks cun dos equipo máis novos da NBA. O 20 de febreiro de 2007, os 76ers ofrecéronlle a Cheeks unha extensión do seu contrato por un ano máis, a pesares da súa marca negativa coma adestrador.

Ao comezo da tempada 2007-08, as expectativas eran baixas e segundo varios pronósticos, os 76ers eran escollidos para rematar de últimos na conferencia.[3] Porén, os Sixers entraron en Playoffs coa vitoria sobre os Atlanta Hawks o 4 de abril de 2008.[4] Era a primeira aparición do equipo en playoffs dende 2005, ademais da primeira despois da era de Iverson. Foron eliminados na primeira rolda polos Detroit Pistons, por 4-2. A pesares da eliminación, os fans consideraron a tempada coma exitosa, considerando que os Sixers ían 12 partidos por debaixo do 50% de vitorias en febreiro, e cunha marca de 21-7, chegaron a playoffs.[5]

Os Sixers comezaron a tempada 2008-09 cunha marca de 9-14, a pesares de que asinaron a Elton Brand e asinaron de novo a Andre Iguodala durante o verán. Debido ao mal comezo, os 76ers despediron a Cheeks o 13 de decembro de 2008.[6]

O 14 de agosto de 2009, convertiuse en adestrador asistente dos Oklahoma City Thunder.[7]

O 10 de xuño de 2013, os Detroit Pistons contrataron a Cheeks coma adestrador principal,[8] pero foi despedido o 9 de febreiro de 2014.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]