Slater Martin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Slater Martin
Posición Base
Dorsal 22, 7
Altura 1,78 m (5 ft 10 in)
Peso 77 kg (170 lb)
Nacemento 22 de outubro de 1925 (88 anos)
Flag of Texas.svg El Mina, TX
Carreira
Tempadas 19491960
Universidade University of Texas at Austin
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     7 337
Rebotes     2 302
Asistencias     3 160
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Basketball Hall of Fame como xogador
Adestrador

Slater Nelson "Dugie" Martin, Jr., nado o 22 de outubro de 1925 en El Mina, Texas, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que xogou durante once tempadas na NBA. Con 1,78 metros de altura, xogaba na posición de base.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou durante catro tempadas cos Longhorns da Universidade de Texas. Comezou en 1943, pero tivo que servir ao seu país na Segunda Guerra Mundial na Armada dos Estados Unidos, regresando en 1947. Na súa tempada senior tivo unha media de 16 puntos por partido, sendo elixido All-American.[1] No total da súa carreira tivo unha media de 12,7 puntos por partido.[2] En 1947 levou o seu equipo á Final Four da NCAA, onde caeron en semifinais.[3]

Profesional[editar | editar a fonte]

Non entrou en ningún draft, pero incorporouse á disciplina de Minneapolis Lakers na tempada 1949-50, onde destacou pola súa velocidade e pola súa habilidade defensiva. Foi considerado a mellor base da época, e o primeiro en correr o contraataque.[4] Xogou durante sete tempadas e media nos Lakers, compartindo equipo con xente como George Mikan, Jim Pollard ou Vern Mikkelsen, cos que gañou catro títulos da NBA.

Mediada a tempada 1956-57 foi traspasado a St. Louis Hawks a cambio de Walt Dukes, un xogador de 2,13 metros de altura, mais que con todo achegou moi pouco ao xogo dos Lakers. En St. Louis acabou a súa carreira profesional, xogando durante tres anos e medio e gañando o seu quinto anel de campión en 1958, colaborando con 12,0 puntos e 3,8 rebotes por partido. Retirouse en 1960, cunha media de nas súas 11 tempads 9,9 puntos, 4,2 asistencias e 3,4 rebotes por encontro nas súas once tempadas.

En 1982 foi incluído no Basketball Hall of Fame, sendo o único Longhorn en conseguilo.

Equipos[editar | editar a fonte]

Adestrador[editar | editar a fonte]

Durante 8 partidos foi xogador-adestrador dos St. Louis Hawks na tempada 195657. Dez anos máis tarde exerceu como adestrador do equipo da ABA Houston Mavericks durante tempada e media, clasificando ao equipo para os play-offs no seu primeiro ano, onde perderon 3-0 en primeira rolda.

Equipos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]