Lenny Wilkens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lenny Wilkens
Posición Base
Dorsal 32, 15, 14, 19, 17
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 82 kg (180 lb)
Nacemento 28 de outubro de 1937
(86 anos)
Estado de Nova York Brooklyn, Nova York
Carreira
Universidade Providence
NBA Draft 1960 / Rolda: 1 / Elección: 6
Por St. Louis Hawks
Tempadas 19601975
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     17 772 (16,5 pp)
Rebotes     5 030 (4,7 pp)
Asistencias     7 211 (6,7 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Como xogador
Como adestrador
  Basketball Hall of Fame como xogador
  Basketball Hall of Fame como adestrador
Adestrador
Wilkens, 2013

Leonard Randolph "Lenny" Wilkens, nado o 28 de outubro de 1937 en Brooklyn, Nova York, Ohio, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu toda a súa carreira na National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado no sexto posto primeira rolda do Draft da NBA polos St. Louis Hawks en 1960, equipo no que permaneceu até 1968. Posteriormente tamén xogaría nos Seattle SuperSonics (como xogador-adestrador), nos Cleveland Cavaliers e nos Portland Trail Blazers (tamén como xogador-adestrador). Despois de retirarse como xogador seguiu como adestrador, adestrando a múltimples equipos cos que conseguiu éximo como o título da NBA en 1979 cos Seattle SuperSonics, o premio ao Adestrador do Ano en 1994 cos Atlanta Hawks, ou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 adestradno á selección estadounidense.

Wilkens está incluído no Basketball Hall of Fame en tres categorías: como xogador, como adestrador e como parte do Dream Team, do que foi adestrador asistente. En 1996 foi seleccionado como un dos "Cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" e como un dos "Dez mellores adestradores da NBA", sendo a única persoa que está nas dúas listas. Tamén cómpre destacar as súas trece participacións no All-Star, nove como xogador (sendo MVP do partido en 1971) e catro como adestrador. Os Seattle SuperSonics retiraron o seu dorsal 19 como homenaxe a súa carreira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogador[editar | editar a fonte]

Formado na Universidade de Providence, xogou alí durante 3 anos, nos cales fixo unha media de 14,9 puntos e 7,3 rebotes por partido, a pesar da súa escasa estatura (1,85 m). Foi dúas veces elixido no mellor quinteto do país. No seu paso a profesional, foi elixido polos St. Louis Hawks na sexta posición da primeira rolda do draft de 1960.

Tratábase dunha base anotador, e tamén bo pasador, como o demostra o feito de acabar primeiro nesa categoría, a de asistencias, na liga de 1970, cunha media de 9,1. Estivo a piques de ser MVP en 1968, quedando en segundo lugar das votacións detrás do gran Wilt Chamberlain. Pasou por Seattle e Cleveland antes de terminar a súa carreira como xogador nos Portland Trail Blazers. Cando se retirou era o segundo máximo asistente da historia, soamente superado por Oscar Robertson.

Equipos[editar | editar a fonte]

Adestrador[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira de adestrador sen aínda retirarse, combinando ambos os aspectos, en Seattle Supersonics (1969-72) e Portland Trail Blazers (1974-75). En 1979, xa só como adestrador, gañou o seu único título da NBA con Seattle. Ao longo das súas 32 tempadas dirixindo equipos, logrou innumerables récords. Foi elixido Adestrador do Ano en 1994 e elixido en 1996 como un dos 10 mellores adestradores da historia. Non en balde ten o récord de porcentaxe de vitorias dirixindo a equipos, cun 53,6%, o que equivale a gañar 45 partidos de media por tempada. Levou aos seus equipos en 16 ocasións aos Play-offs, gañando 69 partidos neles, sendo o sexto adestrador que máis vitorias conseguiu. En liga regular, é o segundo adestrador que máis vitorias conseguiu detrás de Don Nelson, con 1.332 e as de máis derrotas (1.155).

Equipos[editar | editar a fonte]

Logros[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. NBA, ed. (26 de agosto de 2011). "NBA at 50: Top 10 coaches in NBA history" (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]