Bob Houbregs
| Bob Houbregs | |
|---|---|
| Posición | Ala-pivote |
| Dorsal | 10, 14, 8, 20, 17 |
| Altura | 2,00 m (6 ft 7 in) |
| Peso | 95 kg (210 lb) |
| Nacemento | 12 de marzo de 1932 (81 anos) |
| Carreira | |
| Tempadas | 1953–1958 |
| NBA Draft | 1953 / Rolda: 1 / Elección: 2
Escollido por Milwaukee Hawks |
| Universidade | University of Washington |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (NBA) | |
| Puntos | 2 611 |
| Rebotes | 1 552 |
| Asistencias | 500 |
| Stats @ Basketball-Reference.com | |
| Premios | |
| Basketball Hall of Fame como xogador | |
Robert J. "Bob" Houbregs, nado el 12 de marzo de 1932 en Vancouver, Columbia Británica, é un ex xogador profesional de baloncesto canadense que disputou cinco tempadas na NBA. Con 2,00 metros de estatura, xogaba na posición de ala-pivote.
Índice |
Traxectoria deportiva [editar]
Universidade [editar]
Xogou durante catro tempadas cos Huskies da Universidade de Washington, entre 1949 e 1953. Na súa última tempada foi elixido All-American tras levar ao seu equipo á Final Four e converterse no máximo anotador da mesma. Aínda mantén 10 records da súa universidade, entre eles os de máis puntos nun partido, con 49. De feito é o autor do tres mellores rexistros da historia dos Huskies, anotando tamén 45 e 42.[1] Nas súas catro tempadas fixo 19,5 puntos e 10,7 rebotes por partido.[2]
Profesional [editar]
Foi seleccionado na segunda posición do Draft da NBA de 1953 por Milwaukee Hawks, pero inmediatamente fichou por Baltimore Bullets, fichando ao ano seguinte tras a desaparición do equipo por Fort Wayne Pistons, cos que chegou ás Finais da NBA en 1956, caendo ante Philadelphia Warriors por 4-1.[3]
Na tempada 1957-58 o equipo trasládase a Detroit, onde tan só xogaría 17 partidos, xa que unha grave lesión obrigoulle a deixar o baloncesto.[1] Nas súas cinco tempadas fixo 9,3 puntos e 5,5 rebotes por partido. En 1987 foi incluído no Basketball Hall of Fame, e en 2000 no seu homónimo canadense.[4]