Jean Casimir-Perier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean Casimir-Perier
Jean Casimir-Perier

27 de xuño de 1894 – 16 de xaneiro de 1895
Precedido por Marie François Sadi Carnot
Sucedido por Félix Faure

3 de decembro de 1893 – 30 de maio de 1894
Presidente Marie François Sadi Carnot
Precedido por Charles Dupuy
Sucedido por Charles Dupuy

10 de xaneiro de 1893 – 3 de decembro de 1893
Precedido por Auguste Burdeau
Sucedido por Charles Dupuy

2 de xuño de 1894 – 27 de xuño de 1894
Precedido por Charles Dupuy
Sucedido por Auguste Burdeau

Datos persoais
Nacemento 8 de novembro de 1847
París Flag of France.svg Francia
Falecemento 11 de marzo de 1907 (59 anos)
París Flag of France.svg Francia
Partido Republicanos moderados
Pais Camille Fontenilliat
Auguste Casimir-Perier
Cónxuxe Hélène Perier-Vitet
Fillos Claude Casimir-Perier
Germaine Casimir-Perier
Profesión Empresario e político
Alma mater Facultade de dereito e de letras da Universidade de París
Relixión Católica

Jean Casimir-Perier, nado en París en 1847 e finado na mesma cidade en 1907, foi o quinto presidente da Terceira República Francesa.

Carreira política[editar | editar a fonte]

En 1874 elexírono concellal xeral do departamento de Aube e designárono á cámara de deputados do mesmo departamento nas eleccións xerais de 1876. Reelexírono para ese cargo ata a súa presidencia. A pesar da tradición da sú familia uníuse ao grupo republicano de esquerda. Negouse a votar a favor da expulsión da princesa en 1883, e renunciou á deputación trala aprobación da lei debido á súa relación persoal coa Casa de Orleans.

O 17 de agosto de 1883 converteuse en subsecretario do Ministerio de Guerra, posto no que estivo ata o 7 de xaneiro de 1885. Entre 1890 e 1892 foi vicepresidente da cámara, en 1893 pasou a ser o presidente. O 3 de decembro converteuse en primeiro ministro ocupando o departamento de asuntos exteriores, renunciou en maio de 1894 e reelexírono presidente da cámara.

O 24 de xuño de 1894, tralo asasinato do presidente Carnot, elexírono presidente da república con 451 votos a favor contra 195 de Henri Brisson e 97 de Charles Dupuy. A súa presidencia durou só seis meses. A renuncia do ministro Dupuy o 14 de xaneiro de 1895 sueguina o día seguinte a do presidente. Casimir-Perier explicou que se debía a que se sentía ignorado por parte ministros, xa que non o consultaban antes de tomar decisións e non o tiñan informado sobre os eventos políticos, especialmente en asuntos exteriores.

Trala política[editar | editar a fonte]

Dende ese momento abandonou completamente a política e dedicouse aos negocios, especialmente a minaría. En 1889 en plena crise política o presidente Loubet propúxolle volver a presidir a asemblea, pero el rexeitou o ofrecemento. Morreu en 1907 dunha anxina de peito.


Predecesor:
Marie François Sadi Carnot
Armoiries république française.svg
Presidente da República Francesa

1894 - 1895
Sucesor:
Félix Faure
Predecesor:
Charles Dupuy
Primeiro Ministro de Francia
1893 - 1894
Sucesor:
Charles Dupuy
Predecesor:
Auguste Burdeau
Presidente da Asemblea Nacional
10 de xaneiro de 1893 - 3 de decembro de 1893
Sucesor:
Charles Dupuy
Predecesor:
Charles Dupuy
Presidente da Asemblea Nacional
2 de xuño de 1894 - 27 de xuño de 1894
Sucesor:
Charles Dupuy