François Guizot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
François Guizot.

François Pierre Guillaume Guizot, nado en Nimes en 1787 e finado en Val-Richer en 1874, foi un historiador e político francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia burguesa hugonote, logo da morte do seu pai na guillotina durante a época do Terror da Revolución francesa, marchou a Xenebra coa súa nai, unha liberal influída polos principios de Jean-Jacques Rousseau. En 1805 trasladouse a París para estudar dereito e a partir de 1809 comezou a colaborar coa prensa parisiense. Casa en 1812 pola primeira vez, e nese ano comezou a dar clases de historia moderna na Sorbona, o 11 de decembro deu a súa primeira lectura e deu comezo ao rexurdimento da investigación histórica en Francia e conseguiu unha destacada posición social na capital francesa, ao tempo que entraba en contacto con Pierre Paul Royer-Collard, un dos líderes do partido liberal francés e serviu no primeiro goberno de Luís XVIII como secretario xeral do Ministerio do Interior, tras a volta de Napoleón dimite e volve aos seus estudos literarios. Na segunda restauración foi secretario xeral do Ministerio de Xustiza ata a súa dimisión en 1816. En 1819 volveu á política como director xeral de comunas e departamentos ata 1820, nese anos converteuse no principal líder dos doutrinarios, partidarios dunha vía intermedia entre o goberno absolutista e o popular. Foi un dos líderes da oposición a Carlos X. Entre 1822 e 1830 publicou dúas importantes coleccións de fontes históricas as Mémoires de l’Histoire d’Angleterre en 26 volumes e Mémoires sur l’Histoire de France en 31 volumes. En 1828 publicou Histoire de la civilisation en Europe e en 1830 a súa Histoire de la civilisation en France en 4 volumes.

Tras a caída de Carlos X e a subida de Luís Filipe ao trono francés, Guizot foi ministro do interior entre agosto e novembro de 1830. En outubro de 1832 ocupou o ministerio de instrución pública e reorganizou o ensino primario, introduciuse o sistema de inspección e dobrouse o número de escolas durante o seu mandato ata que deixa o posto en 1837. Nomeado embaixador no Reino Unido en 1839, asumiu o ministerio de exteriores en 1840. Foi presidente do consello de ministros entre 1847 e 1848, oposto ás reformas parlamentarias e electorais vese obrigado a deixar o poder e marcha ao Reino Unido, regresou en 1849

Véxase tamén[editar | editar a fonte]