Partido Socialista (Francia)
| Partido Socialista Parti socialiste |
|
|---|---|
| Partido político de Francia | |
| Líder | Harlem Désir |
| Fundación | 1969 |
| Sede | 10, rúa de Solférino 75007 París |
| Ideoloxía | Socialdemocracia, Socialismo democrático, Federalismo europeo, Internacionalismo, Progresismo |
| Representación | 278 deputados 128 senadores 14 euroeputados 54 presidentes dos Consellos Xerais 20 presidentes dos Consellos Rexionais |
| Filiación internacional | Internacional Socialista Partido Socialista Europeo |
| Mocidades | Mouvement des jeunes socialistes |
| Páxina web | parti-socialiste.fr |
O Partido Socialista (PS) é un partido polítco francés de esquerda e de centro esquerda[1]. É o partido do actualpresidente da República, François Hollande.
O PS ten a súa orixe no pensamento socialista, fíxose cargo da Sección Francesa da Internacional Obreira, fundada en 1905 por Jean Jaurès. O congrès d'Alfortville creou un Novo Partido Socialista en 1969, a SFIO renomeouse como Partido socialista, no congrès de Issy-les-Moulineaux. En 1971, no congreso de Épinay, chamado « congreso de unificación dos socialistas », o PS ampliouse ca integración doutros partidos políticos socialistas[2]. Baseou a súa acción política na unión da esquerda e a elaboración dun programa común de goberno co Partido comunista. Designaron como secretario xeral a François Mitterrand, representando á oposición dende 1971 ata 1981 e ao goberno durante os seus dous manddatos de sete anos, dende 1981 ata 1995. Volveu outra vez ao goberno dende 1997 a 2002 (goberno de Jospin) e a partir de 2012, vitoria de François Hollande.
Os seus aliados tradicionais son o Partido radical de esquerda, o Partido comunista francés, e máis recentemente o Mouvemento republicano e cidadán e Europe Ecolóxica - Os Verdes. Foi en 2012 o primeiro partido político de Francia en número de votos e o segundo en número de afiliados.
Notas [editar]
- ↑ LePolitique.com Partis par ordre de représentativité (nombre d'élus Assemblée & Sénat) Sur le site lepolitique.com
- ↑ Excepto o PSU.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Parti socialiste (en francés)
- Parti socialiste, Histoire du PS (en francés)
- A declaración de principios do PS (en francés)
- Varios blogs e páxinas web dos socialistas franceses (en francés)