Encrucillada
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A revista Encrucillada é unha publicación bimestral, editada pola Asociación Encrucillada, que apareceu en 1977 (daquela editada por SEPT). O seu primeiro director foi o teólogo e académico Andrés Torres Queiruga. Actualmente é dirixida por Pedro Castelao, teólogo e profesor da Universidade Comillas.
Encrucillada defínese como "revista galega de pensamento cristián", e aínda que está especializada na temática teolóxica e relixiosa, publica tamén artigos relacionados coa realidade cultural, política e sociolóxica galega. Así, á parte dos artigos específicos en torno a estes temas, cada número inclúe tres crónicas de actualidade: política, cultural e relixiosa. Tamén publica recensións de libros.