Literatura infantil e xuvenil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Literatura Infantil e Xuvenil
Biblioteca infantil e xuvenil en Bruselas
AcrónimoKJL
TipoXénero literario
PropósitoEducación e entretemento para nenos, adolescentes e xoves adultos
Campo de traballoLiteratura, ensino
Área de operaciónGlobal
Data de fundaciónFinais do século XVII (publicacións impresas)
Fundador(es)Varios, incluíndo Charles Perrault, Hans Christian Andersen, Irmáns Grimm, etc.
Traballos destacadosConto de fadas, novelas xuvenís, literatura escolar
Persoas relacionadasRoald Dahl, Astrid Lindgren, Louisa May Alcott etc.
PaísInternacional
editar datos en Wikidata ]

A literatura infantil e xuvenil é un ramo da literatura, dedicada especialmente tanto a nenos e nenas como a rapaces e rapazas adolescentes. Isto inclúe historias ficticias infantís e xuvenís, biografías, novelas, poemas, obras folclóricas e/ou culturais ou simplemente obras contendo/explicando feitos da vida real (ex: artes, ciencias, matemática etc).

Temas e características[editar | editar a fonte]

Naturalmente, o contido dentro dunha obra infantil e xuvenil depende da idade do lector; en canto obras literarias destinadas a meniños de dous a catro anos de idade están case sempre constituídas de poucas palabras e posúen moitas cores e/ou posúen moitas imaxes e fotos, obras literarias destinadas aos adolescentes moitas veces só teñen texto.

Historia[editar | editar a fonte]

A literatura infantil e xuvenil comeza con antigos contos folclóricos e fábulas que eran transmitidos oralmente de xeración en xeración. Charles Perrault, no século XVII, foi un dos primeiros en dar forma escrita a contos populares como Cincenta ou A Bela Dormente, inspirada nun conto de Giambattista Basile que á súa vez se inspirou en fontes tradicionais. Contos como La bonne petite souris, escrito por Madame d'Aulnoy (a inventora do termo "conto de fadas") están no límite do que se considera "para adultos" ou "para nenos", con elementos de ambos.[1] Moitos dos contos clásicos teñen un grande abano de versións en culturas diversas e distantes.[2] No século XIX, os Irmáns Grimm e Hans Christian Andersen, seguiron a tradición, recollendo e escribindo historias que se converterían en clásicos universais; algún deles teñen versións noutras culturas, como O ourizo e a lebre que é similar á fábula A lebre e a tartaruga de Esopo. No século XX, autoras como Enid Blyton e Astrid Lindgren introduciron personaxes de aventuras con grande éxito, que marcaron a infancia de moitos; outros como Louisa May Alcott, Roald Dahl ou Michael Ende exploraron temas complexos adaptados a un público novo, e outros como Jules Verne escribiron obras de ciencia ficción moi accesíbeis para os lectores adolescentes.

Literatura infantil e xuvenil en galego[editar | editar a fonte]

A literatura deste xénero en lingua galega ten con certeza raíces moi antigas, como a maioría de culturas que conservaron unha tradición oral. Remontándonos á Idade Media coa lírica galego-portuguesa que conservou romances, contos e lendas para os máis novos, ou historias como as da materia da Bretaña que foron reformuladas por autores contemporáneos, como Merlín e familia de Cunqueiro.[3]

Os Séculos escuros, tamén nisto, supuxeron unha época de declive para a lingua. Mantívose viva a chama da narrativa oral e mesmo escrita con poemas como as panxoliñas e pezas teatrais como o Entremés famoso sobre a pesca do río Miño, que buscaba a risa co uso de golpes, como os teatros de monicreques de cachiporra, tradición que logo foi seguida por Barriga Verde. Co Rexurdimento no século XIX, houbo un florecemento da literatura en galego, tamén a destinada ao público máis xove, con autoras como Rosalía de Castro, de cuxa obra se fixeron escolmas e adaptacións para nenos.[4]

Nos séculos XX e XXI houbo un desenvolvemento deste xénero grazas a autores como Manuel Lugrís Freire, Xosé María Álvarez Blázquez, Ánxel Fole, Luis Pimentel, Concha Blanco, Xosé Neira Vilas, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, María Victoria Moreno, Xosé A. Perozo, Antía Yáñez, Ledicia Costas, An Alfaya, Marica Campo, Rosa Aneiros, Neira Cruz, Xosé María Álvarez Cáccamo, ou Hematocrítico, con obras ilustradas por autores como Alberto Vázquez. Outros ilustradores destacados deste xénero son Miguelanxo Prado, Manel Cráneo ou Leandro Lamas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]