An Alfaya
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María de los Ángeles Alfaya Bernárdez, coñecida como An Alfaya, nada en Vigo en 1964, é unha escritora galega.
Índice |
[editar] Traxectoria
Realizou estudos de Maxisterio na Escola de Formación do Profesorado de Vigo e Criminoloxía e detective privado na Universidade Complutense de Madrid. Ligada ao teatro, participou na fundación do Teatro Avento de Vigo.
[editar] Obra
[editar] Narrativa
- Desventura (2003).
- Matei un home (2005, 3C3).
- Areaquente (2009, Sotelo Blanco; Premio Lueiro Rey 2008 e Premio Arcebispo Juan de San Clemente 2010).
- Vía secundaria (2011, Xerais, Premio de Novela por entregas de La Voz de Galicia no 2010).
[editar] Infantil-xuvenil
- O maquinista Antón (1995).
- O caderno azul (1996).
- ¡Sireno, Sireno! (1997, Xerais. Premio Merlín).
- A recortada (1999).
- Bua Bua Requetebua (1999).
- O baúl de Wensel (2000).
- A estrela volarina da torre colarina (2001).
- Down (2001).
- A encontadora (2003, Xerais).
- O escuro (2003).
- Buguina namorada (2003).
- Unha xanela para Cecilia (2005).
- A sombra descalza (2006; Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2005, Premio Xosé Neira Vilas 2006, Premio White Ravens 2007 e Lista de Honra IBBY 2008).
- Zoa e Azor (2006, finalista do Premio Ala Delta e premio Frei Martín Sarmiento).
- Os seres con raíces na cara (2007).
- Illa Soidade (2007; Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007).
[editar] Obras colectivas
- E dixo o corvo... (1997, Xunta de Galicia).
- Postais do Camiño (2004, Galaxia).
- O son das buguinas (2007, Xerais).
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
- Quéroche contar un conto (2010, Xerais).